Deporte Galego

Ángel Castro Vaamonde: "Buscamos que a selección compita todos os partidos, independentemente de quen sexa o rival"

  • 21 Marzo 2013 |

Ángel Castro Vaamonde, técnico do FEDESA de Santiago de Compostela, dirixirá en Chiclana de la Frontera e Puerto Real a un combinado infantil que ten por diante o reto dun calendario ben forte. Competindo na principal categoría, a Especial, nas pistas andaluzas agárdanlles: Madrid, Canarias, Comunidade Valenciana e Castilla León.

Coñezamos como chega a esta cita nacional unha Selección que, de seguro, non falla en actitude competitiva.

Ángel Castro Vaamonde, Seleccionador Infantil Masculino

Creación do Equipo
"Á hora de confeccionar a selección buscamos ter xogadores de distintos perfís e con distintas capacidades e aptitudes. Buscamos facer un bloque, un equipo, o máis equilibrado posible respectando as características dos xogadores e tentando que se complementen uns cos outros"

Xogo: Puntos fortes
"Na miña opinión, quizais a maior virtude sexa que non dependemos en demasía de ningún xogador, sobre todo en canto se refire ao apartado anotador. O que tentaremos que sexa unha virtude, inda que pode ser tamén un punto feble, é o feito de que carezamos de xogadores grandes, ou claramente interiores".

Xogo: cuestións a mellorar
"A nivel mental temos que preparar aos xogadores para unha competición que dista moito da que xogan cos seus equipos en Galicia. Temos que ter en conta que ademais da esixencia do campionato os xogadores terán que adaptarse ao cambio do regulamento de xogo con respecto o que hai na nosa comunidade"

"A nivel baloncestístico debemos tentar minimizar as perdas de balón e as imprecisións propias desta categoría de formación. Así mesmo debemos tentar manter gran concentración e intensidade defensiva. O rebote defensivo será tamén un aspecto no que todo o equipo debe colaborar para poder contrarrestar a diferenza de centímetros con algunhas seleccións".

Competición: Obxectivos
"Como obxectivo deportivo, a nivel competitivo a nosa meta é a de manter a categoría no grupo especial de cara a próxima tempada, o que implicaría quedar clasificados entre os oito primeiros"

"A maiores buscamos que a selección compita todos os partidos, independentemente de quen sexa o rival. Nas preparación buscamos unha idea e estilo de xogo que queremos que se vexa reflectida en cada encontro"

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka