Deporte Galego

KDTINF2019: Seleccións definitivas para Galicia

  • 21 Decembro 2018 |

Galicia xa ten confirmadas as catro seleccións que a representarán no Campionato de España Cadete e Infantil, a celebrar a partir do dous de xaneiro na Provincia de Huelva. Un total de 48 xogador@s, liderados polo seu cadro de seleccionadores correspondente, competirán neste Nacional tras realizar unha intensa etapa de preparación que se iniciou no mes de setembro e que se pecha nesta recta final de decembro coa publicación das listas oficiais.

A composicións de cada unha delas, así como o calendario que afrontarán en Huelva, pode consultarse nos documentos que achegamos.

#KDTINF201 - Grupos de Xogo

CADETE FEMININO – PREFERENTE D
Galicia, Castilla la Mancha, Murcia e Extremadura.

CADETE MASCULINO – ESPECIAL B
Galicia, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Canarias.

INFANTIL FEMININA - ESPECIAL B
Galicia, Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía.

INFANTIL MASCULINA - ESPECIAL A
Galicia, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid.

Despedida en Marín
Antes de partir cara terras andaluzas, as catro seleccións completarán a súa axenda con dobre concentración en Marín. Os días 22 e 23 e 27 e 28 de decembro reuniranse nesta localidade para dar o primeiro impulso cara un Campionato que suporá toda un experiencia deportiva e persoal.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka