O Campionato de España Cadete e Infantil xa coñece os seus calendarios

Martes, 11 Decembro 2018 16:22

Galicia xa ten rivais para a súa cita co Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete, a celebrarse entre o 3 e 7 de xaneiro en distintas localidades da provincia de Huelva.

O gran evento anual do baloncesto formativo español contará, de novo, coa participación das 19 Federacións Autonómicas, 76 equipos e máis de 900 xogadores e xogadores que encherán de competición un total de oito pavillóns de xogo.

E para esta ocasión, Galicia comparecerá encadrada no grupo Especial tanto na categoría infantil ao completo, como na cadete masculina; e estará representada no grupo Preferente pola selección cadete feminina. Os nosos catro combinados afrontarán así cinco días de xogo e emocións compartidas desde un inicio cos seguintes rivais:

CADETE FEMININO – PREFERENTE D

Galicia, Castilla la Mancha, Murcia e Extremadura

Fase Previa

03/01/2019 – 13:30 h: Murcia - Galicia.

04/01/2019 – 15:30 h: Castilla la Mancha - Galicia.

05/01/2019 – 15.30 h: Galicia - Extremadura.

CADETE MASCULINO – ESPECIAL B

Galicia, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Canarias

Fase Previa

03/01/2019 – 11:30 h: Galicia - Cataluña.

03/01/2019 – 19:30 h: Andalucía - Galicia.

04/01/2019 – 11:30 h: Galicia - País Vasco.

04/01/2019 – 19.30 h: Canarias - Galicia.

INFANTIL FEMININA - ESPECIAL B

Galicia, Comunidad Valenciana, Illas Baleares, Extremadura e Andalucía

Fase Previa

03/01/2019 - 11.30 h: Galicia - Comunidad Valenciana.

03/01/2019 - 19.30 h: Illas Baleares - Galicia.

04/01/2019 – 19.30 h: Galicia - Extremadura.

05/01/2019 – 13.30 h: Andalucía – Galicia.

INFANTIL MASCULINA - ESPECIAL A

Galicia, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid.

03/01/2019 - 09.30 h: Galicia – Comunidad Valenciana. 

03/01/2019 - 17.30 h: Andalucía - Galicia.

05/01/2019 - 09.30 h: Galicia - País Vasco.

05/01/2019 - 17.30 h: Madrid – Galicia.

Nos documentos que achegamos pode consultarse o calendario completo para cada categoría, detallando, ademáis da xa indicada fase previa, como se levarán a cabo as cruces clasificatorias e os partidos decisivos.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.