Deporte Galego

Nacho Silva: "Somos un equipo agresivo e intenso en defensa"

  • 21 Marzo 2013 |

A Selección Galega Minibasket Feminina presentase en San Fernando (Cádiz) para debutar nun Campionato de España que tamén será o primeiro para o seu Seleccionador, Nacho Silva (C.D. Bosco).

O Adestrador Vigués parte co seu combinado do grupo Preferente C con Cantabria, Asturias, Melilla e Ceuta como os rivais a bater na posible busca do ascenso ao grupo Especial. Averiguemos con que filosofía:

Nacho Silva Fernández, Seleccionador Minibasket Feminino

Creación do Equipo
"Dentro dunha estrutura de equipo lóxica tivemos en conta o nivel actual das xogadoras e a súa actitude ao traballo proposto nos adestramentos,buscando un equilibrio entre unhas e outras para conseguir formar un equipo ao longo das concentracións.Queriamos,ademais,xogadoras con diferentes perfís que nos poidan axudar nas diferentes facetas do xogo"

Xogo: Puntos fortes
"Somos un equipo agresivo e intenso en defensa e con calidade en ataque para buscar vantaxes a partir do un contra un".

Xogo: cuestións a mellorar
"Ao non ter xogadoras grandes o noso xogo baséase principalmente en defender,ser moi agresivas e correr. A proposta de xogo é o máis sinxela posible debido,en primeiro lugar,á idade das xogadoras e en segundo a que ao adestrar a unha selección tes que intentar buscar cousas o máis sinxelas e efectivas posibles para que as xogadoras sexan capaces de asimilar diferentes conceptos en moi pouco tempo."

"Somos un equipo agresivo e intenso,capaz de impoñer un ritmo alto de xogo presionando ao rival durante a maior parte do partido.En ataque buscamos xogar con moita velocidade para intentar anotar en transición.En 5x5 queremos velocidade na circulación do balón e a partir de aí buscar vantaxes a partir do 1x1."

Competición: Obxectivos
"O obxectivo primordial da nosa selección é competir partido a partido independentemente do resultado e gozar do campionato e da experiencia ao máximo.É o primeiro campionato ao que acoden as nosas xogadoras e ímonos a atopar con partidos de intensidade máxima,cunha carga emocional moi alta que intentaremos saber controlar

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka