Deporte Galego

Paula Couto: "mentres eles dean o seu 100% de esforzo e concentración, o resultado será positivo"

  • 21 Marzo 2013 |

A Selección Galega de Minibasket Masculina confía, un Campionato máis, nas ordes e bo facer de Paula Couto (Compañía de María Santiago), quen xa coñece polo miúdo as características da cita de San Fernando, da que foi partícipe na temporada pasada.

Partindo do grupo Preferente D, e coa vista posta en desempregar o mellor papel posible, no camiño da vitoria estarán: Murcia, Extremadura e La Rioja.

Paula Couto Feteira, Selección Minibasket Masculina

Creación do Equipo
"Tendo en conta a xeración ante a que nos atopamos, falta de xogadores altos, o que buscamos principalmente nos xogadores que finalmente estarán neste campionato é que sexan rapaces con boa man no tiro exterior e capaces de atacar e defender o 1x1 sen medo a ter diante a rivais máis grandes, sacrificados en defensa e xenerosos en ataque"

Xogo: Puntos fortes
"Temos como puntos fortes do equipo a facilidade desta xeración para ver o aro dende o tiro exterior - polo menos 4 ou 5 xogadores anotan con facilidade dende a liña de 3 puntos,- e que son rapaces, na súa maioría,capaces de xogar con soltura o 1x1 e á vez xenerosos en ataque e sacrificados en defensa"

Xogo: cuestións a mellorar
"As nosas carencias como equipo son, sobre todo, de índole defensiva. Incidimos nas nosas últimas concentracións no traballo defensivo no lado débil do campo, no bloqueo de rebote e en ser capaces de manter a actividade e o nivel defensivo ao longo de todo un partido e non só nalgúns intres do mesmo".

Competición: Obxectivos
"Dado que participaremos no grupo Preferente, o equipo técnico asumimos como normal que o noso obxectivo natural debería ser conseguir o ascenso o grupo especial".

"O que lles transmitimos aos nenos e que o noso obxectivo e traballar e esforzarse en cada partido para poder quedar o máis arriba posible na clasificación final, que mentres eles dean o seu 100% de esforzo e concentración o resultado será positivo".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka