Deporte Galego

Cadro técnico renovado para as seleccións galegas 2018 - 2019

  • 13 Agosto 2018 |

Coa chegada da nova temporada, e co vindeiro mes de setembro marcado como o inicio da ruta de traballo para as Seleccións Galegas de Base 2018 - 2019, a Área Técnica da FGB confirma o plantel de Seleccionadores que comandarán os combinados autonómicos.

Mantendo boa parte da estrutura do pasado ano e reforzando así a confianza na mesma; o actual ciclo competitivo presenta novidades nas categorías femininas. Neste caso, Fernán Varela farase cargo da categoría cadete tras o seu paso pola infantil, dando o relevo a cargo de esta a Nacary Rojas. A adestradora ourensá liderará así a selección infantil, tras a súa recente experiencia como adestradora axudante na mesma.

 

No apartado minibasket, e debutando en Seleccións Galegas, incorpórase David Martínez Peciña, colaborador directo no traballo de Tecnificación FGB na pasada temporada e xa no presente con este novo reto por diante.

 

Seleccións Galegas 2018 – 2019

 

Selección Galega Cadete Masculina: Tito Díaz.

 

Selección Galega Infantil Masculina: Javier Peinó (Estudiantes Lugo)

 

Selección Galega Minibasket Masculina: Javier Cotelo (CB Artai)

 

Selección Galega Cadete Feminina: Fernán Varela (Estudiantes Lugo)

 

Selección Galega Infantil Feminina: Nacary Rojas (Bosco Salesianos)

 

Selección Galega Minibasket Feminina: David Martínez Peciña (Galén Ensino)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka