Deporte Galego

Campionato de Seleccións #KDTINF2018 - 06/01/18: Cruces Clasificatorias. Resultados galegos

  • 05 Xaneiro 2018 |
Campionato de Seleccións #KDTINF2018 -  06/01/18: Cruces Clasificatorias. Resultados galegos
Foto: Feb

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas de Galicia nas definitivas cruces clasificatorias do #KDTINF2018, que se desputan este sábado, 6 de xaneiro; e nas que os nosos combinados buscarán manter a Categoría Especial en Infantil Masculino e Feminino, e en Cadete Feminino. Pola súa banda, o ascenso ao grupo Especial porase en xogo para a nosa selección Cadete Masculina. 

WEB OFICIAL #KDTINF2018

Galería de Imaxes - #KDTINF2018: 06/01/18

Galicia #KDTINF2018 - Resultados Cruces Clasificatorias - 06/01/18

Cadete Feminino

06/01/18 4º Especial A – 5º Especial B

(09.30 h) Baleares - Galicia (Pavillón Infanta Juana) (11 - 18 - 16 - 10, 17 - 8, 13 - 13)  (57 - 49) (estatística)

Galicia pechou o #KDTINF2018 co sabor amargo dunha derrota que lle fai ceder a súa praza en Especial para a vindeira temporada.
O equipo que dirixe Nacho Silva tentou sobre a pista aplicar toda a concentración que requería un duelo ante unha Baleares que buscaba o mesmo obxectivo.

A primeira metade de encontro asentou a ambos os equipos na pista e ningún deles deixou escapar ao rival. O equilibro de forzas e de canastras deixou todo aberto (27 – 28) e disposto para os 20 minutos finais.

Ao regreso dos vestiarios Baleares amosouse máis enchufada, engadindo a marcha precisa buscando distanciarse canto antes de Galicia no electrónico. No ecuador deste cuarto a súa vantaxe (36 – 32) comezaba a crecer e facíase máis efectiva cunha reacción momentánea ante canastra que lle concedía seis puntos de vantaxe para encarar o instante decisivo (44 – 36).

E este foi comezou precisamente con maior fortuna para Baleares, que imprimía seguridade ante unha selección galega algo errática. As rivias dominaban os primeiros seis minutos de xogo para situarse 9 puntos arriba. Neste punto, Galicia reactivouse e, grazas a unha tripla moralmente moi valiosa, acurtou a distancia a catro puntos (51 – 47) cun intenso minuto e medio de partido por desputar. Pero, nuns segundos finais de igualdade e vértigo, o bo facer balear outorgoulle a vitoria (57 - 49) que vale a permanencia en Grupo Especial.

Infantil Masculina

06/01/18 - 4º Especial A – 5º Especial B

(11.30 h) Galicia - Asturias (Pavillón Municipal La Vega) (17 - 13, 13 - 11, 17 - 18, 20 - 22)  (67 - 64)  (estatística)

Gran traballo colectivo o dos infatís de Javier Peinó nun duelo no que Galicia estableceu o ritmo desexado para poñer en apuros a un opoñente cunha rotación quizáis algo máis curta debido ao cansazo e as incidencias coas faltas.

Unha Asturias combativa non deixou de poñer en problemas reais aos galegos, que tiveron que botar man do xogo de equipo para anular o acerto rival e a puntería dos xogadores rivais clave.

A razón de ser da vitoria chegou nuns tensos minutos finais, onde dous saques de banda tras tempo morto permitiron a Galicia anotar uns necesarios e fáciles puntos extra vitais para facerse co partido (67 - 64) e co importante premio de conservar a praza en categoría Especial.

Cadete Masculino

06/01/18: 1º Preferente C- 2º Preferente D (Semifinal Preferente) 

(13.30 h) Galicia – Asturias (Pavillón Infanta Juana) (23 - 23, 18 - 20, 19 - 16, 20 - 10) (80 - 68) (estadística)

Co premio do Ascenso a Grupo Especial e a súa clasificación para a Final de Preferente. Así concluiu Galicia Cadete o seu cruce ante Asturias, un duelo no que foi gañando terreo de principio a fin, tras un gran e raudo inicio (23 – 13. 1Q) que lle outogaba garantías.

A Selección amosouse atinada na faceta defensiva durante todo o encontro, engadindo ademáis o seu plus ante canastra, acerto que lle permitiu ir incrementando a marxe cómoda no electrónico pasando pola máxima de 18 puntos (37 – 19) nos minutos finais do segundo cuarto. De todos os xeitos, Asturias non quiso baixar os brazos e antes de marchar a vestiarios conseguía tensar a corda de novo e situábase tan só a 8 no ecuador do partido (41 – 33)

A segunda metade foi a da sentencia galega. Os de Tito Díaz comezaron a administrar a contapingas a súa superioridade no luminoso e, sempre por riba no tenteo, volveron a coller a batuta para, inscrecendo e grazas ao traballo de bloque, dirixirse a vitoria.

Ao remate, felicitacións entre ambos os equipos, que competiron a gran nivel; celebración polo Ascenso a Especial, e a mente xa posta na Final de Preferente deste domingo (Galicia - Extremadura. 09.00 h).

Infantil Feminina

06/01/18 - 4º Especial A – 5º Especial B

(19.30 h) Galicia – Aragón (Pavillón Rondilla) (53 - 35)

Inicio fulgurante de Galicia no seu derradeiro partido neste Campionato. As infantís presentaron as súas credenciais ante Aragón asinando un rápido parcial 0 -9, que as rivais non só puideron romper cando restaban dous minutos do primeiro cuarto. (12 – 4).

O ritmo marcado polas galegas nos primeiros dez minutos baixou pulsación entrado o segundo período. A anotación fíxose máis imprecisa na escuadra galega, aproveitando Aragón para axustar a presión e non deixarse marchar a Galicia tan pronto (19 – 13. 2Q)

No regreso do descanso Galicia tivo que facer esforzos por manter a fenda necesaria para asegurar no marcador a súa permanencia no grupo Especial. Dende a confianza que lle aportaron os 14 puntos (33 – 19) arriba que rexistraba no ecuador do terceiro tempo, as de Fernán apuntalaron sobre todo a faceta defensiva e, acompañadas tamén do acerto nas triplas, aseguraron a vitoria e o obxectivo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka