Deporte Galego

PlanetaMini2017: resultados galegos na Fase Previa

  • 07 Abril 2017 |
PlanetaMini2017: resultados galegos na Fase Previa
(Foto: Agencia LOF)

Hagstag: #PlanetaMini17 #seleccionsgalegas 

Galicia Minibasket Feminina 2017

Galicia Minibasket Masculina 2017

Web oficial

Resultados #PlanetaMini17 Masculino

Resultados #PlanetaMini17 Feminino

#PlanetaMini17: Galería de Imaxes

Axenda de Competición para Galicia: 

GALICIA MINIBASKET MASCULINA (Especial B: Galicia, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Castilla León)

08/04/2017 - 1º xornada (Parque 2)

11.30 h Galicia - Cataluña (30 - 80)

Debut do equipo minibasket masculino dirixido por Javier Cotelo ante unha das seleccións máis fortes do campionato. Os nosos saíron á pista sen medo a un rival superior fisicamente e que, ademais, comezaría dominando grazas ao acerto do tiro exterior.

Aínda que, aos poucos, a diferenza aumentaría, os galegos nunca baixaron os brazos. Sería despois do descanso onde Cataluña conseguiría romper o encontro ata pechar definitivamente o marcador. Pese a iso, Galicia seguirían pelexando e desfrutando da experiencia, conseguindo un quinto e sexto parcial de xogo ao seu favor.

08/04/2017 - 2º xornada (Bahía Sur)

19.30 h Andalucía - Galicia (94 - 84)

Emocionante partido o vivido na tarde do sábado ante a selección anfitrioa deste Campionato de España. O encontro empezaría moi igualado e con gran acerto exterior por ambas as bandas e reparto de posibilidades, cun segundo período de clara cor andaluza, c unha vantaxe de 17 puntos ao seu favor; e un terceiro cuarto cunha mellor defensa galega e recorte de distancia no electrónico.

Tras o descanso, a igualdade retornaría ao xogo. Xa no quinto período, unha serie de perdas de balón provocaban que o encontro quedase case sentenciado para a selección andaluza. Aínda así, a garra e intensidade do cadro dirixido por Javier Cotelo faría que a diferenza se reducise por momentos en menos de 10 puntos. Finalmente, marcador de 84 a 94 nun bo partido cunha moi boa imaxe dada polos galegos.

09/04/2017 - 3º xornada (Compañía de María)

15.30 h Galicia - País Vasco (86 - 79)

Partido igualado de principio a fin no que o combinado galego puido coller unha pequena renda de 8 puntos ao finalizar o primeiro período. Nos seguintes parciais de 8 minutos, Euskadi iría aos poucos reducindo dita vantaxe ata chegar a colocarse a soamente tres puntos cos primeiros catro períodos finalizados.

O quinto sexto sería favorable aos intereses galegos, xa que os nosos conseguían, de novo, abrir unha fenda de 12 puntos a falta do definitivo período no que, pese ao bo facer do conxunto vasco, o combinado de Javier Cotelo soubo xestionar os nervios para acabar sumando unha importante vitoria.

10/04/2017 - 4º xornada (Compañía de María)

09.30 h Castilla León - Galicia (88 - 91)

Inicio dubitativo do conxunto galego nun encontro no que se atopou a un rival moi acertado de cara ao aro, que comezaba convertendo as súas tres primeiras triplas intentadas. Co paso dos minutos, Galicia asentábase sobre a pista e, tras un pequeno tirón, conseguía igualar o marcador ao remate do primeiro sexto. Unha mellor defensa no seguinte período permitíalles controlar mellor o ritmo de partido, e outorgaba aos galegos unha renda de oito puntos ao descanso.

Tras o paso por vestiarios, os xogadores que dirixe Cotelo marcaron un alto nivel defensivo e aumentaron con este a renda a 20 puntos ao finalizar o quinto sexto. No derradeiro período, o combinado de Castela León saíu a por todas, materializando un parcial de 9-0 no primeiro minuto. Os nervios xogarían unha mala pasada aos galegos, pero, finalmente, foron quen de salvar a súa vantaxe no electrónico para acabar levándose o partido por tres puntos.

GALICIA MINIBASKET FEMININA (Especial B: Galicia, Madrid, Andalucía, País Vasco e Canarias)

08/04/2017 - 1º xornada (Compañía de María)

09.30 h Galicia - Madrid (23 - 74)

Debut do cadro feminino dirixido por Fernán Varela no que as rivais amosaron a súa superioridade física. Os nervios das galegas estiveron presentes no inicio do encontro, desparecendo despois, grazas a un paso de madurez e confianza no equipo.

Galicia competiu con ganas ata o final, marcando intensidade defensiva e actitude á hora de pelexar cada balón durante todo o partido.

08/04/2017 - 2º xornada (Parque 2)

17.30 h Canarias - Galicia (43 - 54)

Encontro no que as galegas saíron coa intensidade defensiva posta en práctica xa pola mañá, pero con nulo acerto de cara ao aro durante os catro primeiros minutos. Neste intre, e coa anotación da súa primeira Canastra, Galicia collía o rumbo acertado para continuar, a partir de aquí, sempre por diante no electrónico e marchar ao descanso cunha diferencia de 16 puntos ao seu favor.

Na segunda metade de partido as xogadoras que dirixe Fernán Varela souberon manter a intensidade e o bo movemento de balón. Pero chegado o último sexto o cansazo fixo acto de presenza e as canarias conseguiron minimizar a diferenza. Aínda así, as minis galegas souberon manter a súa templanza ata o final e, con iso, facerse coa primeira vitoria de campionato.

09/04/2017 - 4º xornada (Compañía de María)

19.30 h Galicia - País Vasco (79 - 50)

Bo inicio de partido para as xogadoras de Fernán Varela que saíron ao campo cunha gran intensidade defensiva, conseguindo así que só lle encaixasen dous puntos ao finalizar o primeiro sexto.

As galegas souberon manter o seu ritmo en defensa durante todo o encontro e, sacando ás vascas da súa zona de confort, puideron correr e anotar con facilidade.

10/04/2017 - 5º xornada (Bahía Sur)

15.30 h Andalucía - Galicia (53 - 61)

Bo inicio de partido para as galegas que saíron ao campo cunha gran intensidade defensiva desde os primeiros segundos, sendo duras no rebote e dominándoo nos momentos importantes. As nosas souberon manter o seu ritmo en defensa durante todo o encontro, o que as levou a atopar vantaxes ofensivas.

O equipo de Fernán Varela entraba no último sexto cunha diferenza no electrónico de sete puntos a favor, renda que soubo xestionar amosando madurez e conseguindo dominar o final do encontro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka