Seleccións Galegas: Torneo Minibasket "Miranda de Ebro" 2017

Venres, 24 Marzo 2017 10:30

As Seleccións Galegas Mini viaxarán a vindeira fin de semana, 1 e 2 de abril; a Miranda de Ebro, localidade castelo leonesa que volve a acoller, un ano máis, o seu tradicional Torneo de Seleccións Minibasket previo ao Campionato de España (San Fernando, Cádiz do 8 ao 12 de abril).

Galicia Minibasket Feminina 2017

Galicia Minibasket Masculina 2017

Nesta cita, Galicia medirá as súas forzas, tanto en categoría feminina como masculina; ante Asturias, Euskadi e a propia anfitrioa, Castela León. A súa sorte nesta competición amigable virá determinada polo seguinte calendario:

Torneo Minibasket Miranda de Ebro 2017 (Polideportivo Municipal de Anduva)

MINIBASKET FEMININA

galicia feminina

01/04/17

(16:00 h) GALICIA - CASTELA LEÓN (Pista 2. Pavillón Laranxa) (52 - 55)

Encontro no que as galegas non saíron coa intensidade á que nos teñen afeitos, polo que o rival soubo aproveitar ben o seu físico, superior ao do combinado de Fernán Varela. Pese ao cansazo e á falta de acerto durante todo o partido, as galegas conseguiron chegar ao final con igualdade no electrónico.

(18:00 h) EUSKADI - ASTURIAS (Pista 2. Pavillón Laranxa) (66 - 54)

02/04/17

(09:30 h) CASTELA LEÓN - ASTURIAS (Pista 2. Pavillón Laranxa) (57 - 52)

(11:30 h) GALICIA - EUSKADI (Frontón) (83 - 42)

Bo inicio de partido para a selección galega ante Euskadi. As galegas mantiveron unha gran intensidade defensiva durante todo o partido, ademais dun bo movemento de balón que lles permitiu anotar fácilmente. Isto favoreceu que a diferenza do marcador fose crecendo ao longo do encontro.

(15:45 h) ASTURIAS - GALICIA (Frontón) (60 - 74)

Último partido de preparación de cara ao Campionato de España no que Galicia comezou por debaixo no marcador pero spubo reaccionar a tempo. Bastaron oito minutos para que as xogadoras de Fernán Varela amosasen a súa mellor versión, conseguindo darlle a volta ao marcador e chegando ao descanso dominando. A partir deste intre, o partido estivo controlado polas galegas co seu bo movemento de balón, intensidade defensiva e acerto.

(17:30 h) CASTELA LEON - EUSKADI (Frontón) (85 - 65)

MINIBASKET MASCULINO

galicia masculina

01/04/17

(16:00 h) GALICIA - CASTELA LEÓN (Pavillón Frontón) (76 - 75)

Emocionante encontro para abrir o torneo entre dúas seleccións que xa disputaran un intenso encontro, fai un mes, en Marín. Os de Javier Cotelo empezaron mandando nos primeiros compases de xogo, aínda que aos poucos Castela León conseguía impoñer o seu alto ritmo de xogo con ataques curtos e cargando o rebote de ataque. O rival chegaría ao descanso cunha vantaxe de dous puntos, a cal aumentaría ata os 16 ao final do cuarto período.

Un bo quinto parcial fixo que a diferenza a falta dos últimos 8 minuto se vira reducida a só 6 puntos, e a dinámica seguira igual no derradeiro tempo, ata chegar a poñerse Galicia un punto por diante grazas a unha tripla a falta de 30 segundos. Finalmente vitoria galega pola mínima nun vibrante partido.

(18:00 h) EUSKADI - ASTURIAS (Pavillón Frontón) (57 - 75)

02/04/17

(09:30 h) GALICIA - EUSKADI (Frontón) (98 - 88)

Partido de alto nivel anotador por parte de ambos os conxuntos, onde de novo o combinado galego tivo que remontar un marcador desfavorable, que chegou a ser ata de 25 puntos.

Ao descanso chegaríase cunha desvantaxe de 14 puntos, pero, unha vez máis, os xogadores incrementaron a intensidade e a concentración, para acabar levándose un pelexado encontro por parte de ambas as seleccións.

(11:30 h) CASTELA LEÓN - ASTURIAS (Pista 2. Pavillón Laranxa) (98 - 51)

(15:45 h) ASTURIAS - GALICIA (Pista 2. Pavillón Laranxa) (64 - 78)

Galicia pechaba a súa participación no torneo ante a selección de Asturias. Tras un primeiro período moi igualado, os de Javier Cotelo conseguían abrir distancias no marcador nos dous seguintes períodos, chegando ao descanso 24 a 50 gañando.

A selección asturiana non baixou os brazos, e tras un bo cuarto período, conseguía manterse en partido. Os galegos reaccionaron e contiveron a remontada, impedindo que a diferenza fose menor de 10 puntos, e acabando o partido 14 arriba. Galicia quedaba así invicta neste Torneo de preparación de cara ao inminente Campionato de España.

(17:30 h) CASTELA LEÓN - EUSKADI (Pista 2. Pavillón Laranxa) (92 - 80)

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto