Deporte Galego

Recta final da preparación para os Minis galegos

  • 17 Marzo 2017 |

As Seleccións Galegas de Minibasket afrontan esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, a súa primeira concentración dende que se coñece a configuración definitiva dos dous equipos que representarán á nosa Comunidade no Campionato de España, cita a desputar en San Fernando (Cádiz) entre o 8 e 12 de abril.

Os combinados liderados por Javier Cotelo e Fernán Varela, en categoría masculina e feminina; respectivamente; reuniranse na que xa é a súa segunda casa, a vila da Estrada.

No pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro realizarán dobre xornada de traballo, enfocando a análise das súas capacidades, valores e puntos febles a seguir traballando nesta quenda final, cuxo parada máis cercana antes do Nacional, estará no tradicional torneo amigable de Miranda de Ebro, organizado pola Federación de Baloncesto de Castilla León os vindeiros 1 e 2 de abril.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka