IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín": Resultados

Venres, 24 Febreiro 2017 09:42

Consulta, a continuación, os resultados do IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín", competición amigable que se celebra na vila de Marín baixo a organización de Concello de Marín e Marín Peixegalego. 

O Concello de Marín e a Secretaría Xeral para o Deporte apoiaron o Torneo O Concello de Marín e a Secretaría Xeral para o Deporte apoiaron o Torneo

IV TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBASKET "CONCELLO DE MARÍN"

Minibasket Masculina (Pavillón Sequelo)

16832310 1569260573101951 7152349946792222814 n

25/02/17

10:00 h Castilla León - Asturias (73 - 22)

12:00 h Galicia - Euskadi (Fegaba Tv) (83 - 58)

Boa posta en escena da selección alevín masculina no seu primeiro partido ante Euskadi. A selección mantería durante todo o partido unha alta intensidade defensiva, acompañada dun bo ritmo ofensivo con acertado movemento de balón, o que iría propiciando que a distancia no marcador fose crecendo a medida que o encontro avanzaba.

17:00 h Galicia - Castilla León (Fegaba Tv) (71 - 77)

Intenso partido o vivido o sábado pola tarde entre ambas as selección. Ningún equipo conseguiría distanciarse no marcador durante os primeros períodos. Nos intres finais, a vitoria decantaríase para os visitantes gracias ao acerto exterior no tiro, convertindo dúas triplas vitais nos derradeiros minutos de xogo.

19:00 h Euskadi - Asturias (74 - 66)

26/02/17

10:00 h Euskadi - Castilla León (53 - 79)

12:00 h Asturias - Galicia (Fegaba Tv) (37 - 84)

O duelo galego - astur empezaría con menos ritmo que os dous anteriores desputados polo equipo de Javier Cortelo, ainda que, pouco a pouco, Galicia iría aumentando o ritmo e a intensidade defensiva en todo o campo, e con isto a diferencia no marcador.

 

Minibasket Feminina (Pavillón San Narciso)

IMG-20170225-WA0001

25/02/17

10:00 h Castilla León - Asturias (68 - 38)

12:00 h Galicia - Euskadi (Fegaba Tv) (57 - 6)

Bo inicio de partido para a selección galega no primeiro encontro contra Euskadi. As galegas empezaron cunha gran intensidade defensiva desde o primeiro minuto, á que se lle sumou un bo movemento de balón e facilidade para anotar. Isto provocou unha gran diferenza no marcador, marxe que souberon xestionar ao longo de todo o encontro. 

17:00 h Euskadi- Asturias (63 - 57)

19:00 h Galicia - Castilla León (Fegaba Tv) (70 - 60)

Durante todo o encontro o rival soubo aproveitar ben o seu físico, superior ao galego. A Igualdade reinou no electrónico ata os últimos oito minutos, tempo no que o equipo de Fernán Varela conseguiu abrir diferenza poñendo maior intensidade na defensa.

26/02/17

10:00 h Euskadi - Castilla León (57 - 68)

12:00 h Asturias - Galicia (Fegaba Tv) (54 - 57)

Encontro moi igualado onde as galegas non saíron coa intensidade amosada nas anteriores citas deste Torneo. Tras o descanso Asturias regresaba máis intensa, conseguindo darlle a volta ao marcador e impoñéndose ás galegas, que seguían sen atoparse cómodas. Non obstante, Galicia deu un paso de madurez, confiando no seu equipo e en que o podían acadar xuntas.

O partido non se resolveu ata os últimos compases, onde as galegas conseguiron atacar con fluidez e, con boas defensas, sacar da súa zona de confort ás asturianas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.