Deporte Galego

IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín"

  • 21 Febreiro 2017 |
IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín"
(Foto: Concello de Marín)

Na mañá deste martes foi presentado o IV TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBÁSKET CONCELLO DE MARÍN, cita que se celebrará esta  fin de semana, 25 e 26 de febreiro, na localidade de Marín froito do convenio de colaboración asinado entre a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Marín.

(Info: Concello de Marín) Ao acto de posta de longo acudiron o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o Concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba; a deputada provincial de Deportes, Chelo Bicada; o Xefe de Servizo de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; o Xefe de Educación Física da Escola Naval Militar, Pablo Sánchez do Val; e o Presidente do CB Peixefresco Marín, Javier Lage.

As Preseleccións Minibasket de Galicia, País Vasco, Castilla-León e Asturias, tanto masculinas como femininas, virán a Marín a participar nun torneo amigable que se repite e consolídase por segundo ano nesta vila. A categoría masculina disputarase no Pavillón do Sequelo e a categoría feminina farao no Pavillón do Colexio San Narciso, entidade que cede a instalación sen contraprestación para a realización do evento.

Os horarios serán os mesmos en ambas as sedes: o sábado ás 10.00 h, 12.00 h, 17.00 h e 19.00 h; o domingo ás 10.00 h e ás 12.00 h. A organización técnica correrá a cargo do Club Baloncesto Peixefresco Marín.

cartel definitivo 15 02 17

Entre outros agradecementos, desde o Concello local resaltaron á Escola Naval Militar pola súa cada vez maior colaboración cos eventos de Marín, neste caso coa cesión das súas instalacións nas que se aloxarán ambas Seleccións Galegas e o grupo de  8 colexiados e dous técnicos do Comité Galego de Árbitros.

Todo a punto, pois, para a celebración doutro evento de nivel en Marín, no que supón outra aposta máis e apoio polo deporte base. Desde o Concello de Marín e a FGB anímase a todos os afeccionados ao deporte a non perderse unha boa oportunidade deportiva.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka