O Mini 2017 de San Fernando xa ten calendario

Martes, 14 Febreiro 2017 18:24

(Info: FEB) A localidade gaditana de San Fernando celebrará do 8 ao 12 de abril o Campionato de España Mini de Seleccións Autonómicas, a gran festa do baloncesto de formación, que coñece, desde este mesmo martes, o seu calendario.

Os Pavillóns Bahía Sur, Parque e Compañía de María serán as pistas de xogo do Campionato de España Mini 2017. A primeira fase xogarase desde o sábado 8 ata o luns 10; o martes 11 será o día das cruces clasificatorias para rematar o torneo o mércores 12 coas finais e os partidos polo terceiro posto.

Máis de 450 xogadores e xogadoras participarán nun evento que nos últimos anos rexistrou unha media de case 4.000 visitantes á zona da Bahía de Cádiz, o que se converte desde fai anos nun acontecemento social e económico, cunha alta ocupación hotelera nos días previos á Semana Santa.

No caso galego, o calendario recén publicado depara os seguintes rivais para Galicia na fase previa:

Mini 2017 Masculino - Grupo Especial "B"

Galicia, Euskadi, Cataluña, Castilla León e Andalucía

Mini 2017 Feminino - Grupo Especial "B"

Galicia, Madrid, Euskadi, Andalucía e Canarias

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.