Deporte Galego

As Preseleccións Minis comparten o seu traballo cos adestradores galegos

  • 01 Febreiro 2017 |

Un mes despois da súa última concentración, as preseleccións galegas minibasket regresan ao traballo con cita o vindeiro domingo, 12 de febreiro.

Visitando de novo o Pavillón Municipal de A Estrada, os combinados autonómicos que lideran Fernán Varela, en categoría feminina; e Javier Cotelo, en masculina; afrontarán sesión completa de adestramento, en quenda de mañá e tarde.

Esta convocatoria chega da man dun compoñente formativo, abrindo as súas portas a todos aqueles alumnos dos cursos de adestradores FGB que desexen achegarse a observar e compartir cos seleccionadores os pormenores da xornada.

Os interesados en aproveitar esta ocasión poderán solicitar a súa presenza ata o vindeiro dez de febreiro. Terán que facelo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) e atendendo aos requisitos que se detallan no documento que se achega.

A súa participación nesta proposta didáctica poderá validarse por formación continua (un CETI E 4 HORAS), sempre que asistan de xeito completo ao horario proposto na actividade.

15:45 h - Chegada ao Pavillón

16:00 h a 19.00 h - Observación Adestramentos

19:00 h a 20.00 h-  Reunión coloquio cos cadros técnicos para comentar aspectos observados.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka