Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Resultados galegos - 05/01/15

Mércores, 04 Xaneiro 2017 22:03

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete neste xoves, cinco de xaneiro; último día de competición da FASE PREVIA e decisivo para a sorte galega nos cruces do #KDTINF2017.

 

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

#seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB

GALERÍA DE IMAXES 03/01/17

GALERÍA DE IMAXES 04/01/17

GALERÍA DE IMAXES 05/01/17

Cadete Masculino - Fase Previa Grupo Preferente D
Galicia, Islas Baleares, La Rioja e Murcia.

05/01/15 - Xornada 3
(13:30 h) Galicia – Illas Baleares (Pavillón Gibraleón)

(65 - 78) (9 - 20, 19 - 17, 20 - 22, 17 - 19) Estatística

Partido historia para Galicia, incapaz de meterse en liza para poder optar á vitoria. A acción empezou igualada sobre a pista pero un parcial 0 - 12 para Baleares deixou latentes as primeiras diferenzas importantes no marcador. Esta posición de inferioridade, sen sensacións reais de poder engancharse ao xogo que presentaba o rival, estendeuse visiblemente ata o asubío final. A nosa Selección Cadete sumaba a súa segunda derrota da Fase Previa, agardando coñecer o seu rival para os cruces clasificatorias deste vernes. 

Cadete Feminino – Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Madrid, Aragón, Andalucía e Canarias.

05/01/15 - Xornada 4
(09:30 h) Galicia - Canarias (Pavillón Gibraléon)

(65 - 66) (24 - 16, 13 - 25, 16 - 7, 12 - 18) Estatística

Xornada aciaga para Galicia Cadete Feminina, que comezou cunha máis que apretada derrota ante Canarias. A pesares dun primeiro cuarto ben entonado e afortunado no seu tiro exterior, o equipo de Víctor Fernández non puido manter este bo sino no que se lle viña por diante.

As perdas de balón, dobremente perxudiciais ante un equipo áxil como o Canario, afinadísimo ademáis no rebote ofensivo; provocaron que Galicia tivese que forzar a máquina, pero sen rendemento. 

A segunda metade de encontro derivou nun eficaz xogo interior galego cuxas posibilidades quedaban neutralizadas pola defensa en zona rival, atranco de calado que se antoxou insalvable para o cadro galego.

05/01/15 - Xornada 5
(17:30 h) Andalucía - Galicia (Pavillón Gibraléon)

(63 - 53) (16 - 16, 11 - 21, 10 - 10, 26 - 6) Estatística

Demoledor último cuarto para unha Galicia que parecía ter o seu futuro encarrilado tras a solvencia amosada na primeira metade de encontro. O equipo de Víctor Fernández inicou o partido dando mostras da súa actitude proactiva apesares de acusar o esforzo realizado na súa apretada cita previa ante Canarias.

Un marcador que parecía crecer paulatinamente ao seu favor empezou a romperse na súa contra no ecuador dos derradeiros dez minutos, deixando a Andalucía máis preto que nunca, situación que esta soubo aproveitar satisfactoriamente, xerando imprecisións, perdas de balón e nervios no bando galego.

Estos erros finais pagáronse de xeito duro, baixando o ritmo e non podendo solventar xa a diferenza marcada polas locais. Ao remate, no electrónico, dez puntos de diferenza que deixan agora a Galicia na loita por defender a súa praza no Grupo Especial (06/01/17 - 17:30 h, ante Extremadura)

Infantil Masculino - Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e Castilla León

05/01/15 - Xornada 4
(09:30 h ) Castilla León - Galicia (Pavillón Frontón. Palos)

(58 - 57 ) (16 - 17, 15 - 12, 14 - 13, 13 - 15) Estatística

Non puido ser. Galicia buscou, sen fortuna, un pase a semifinais nun partido de alto ritmo de xogo e con opcións parellas entre ambos os equipos dende o minuto cero.

O electrónico visibilizou en todo momento que ningunha das escuadras quería deixar perder a oportunidade, movéndose entre parciais de anotación moi parellos, e pagando cara cada perda de balón ou erros nas recuperacións e na toma de decisións.

O equipo de Ricardo Aldrey mantivo as súas posibilidades intactas ata os segundos finais, intresn os que o trunfo rondou os dous banquiños, decantándose, finalmente, pola mínima vantaxe (58 – 57) por Castilla León.

Tras este resultado, Galicia deberá disputar can a xornada do venres, seis de xaneiro, o encontro polo 5º posto, ás 11.30 h a falla de coñecer o seu opoñente.

Infantil Feminino - Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Cataluña, Euskadi, Aragón e Madrid

05/01/15 - Xornada 5
Descansa

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.