Deporte Galego

Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Resultados galegos - 03/01/15

  • 02 Xaneiro 2017 |

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete no seu primeiro día de competición no #KDTINF2017, a desputar na Provincia de Huelva desde este mesmo martes, 3 de xaneiro; e ata o vindeiro día sete.

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

 #seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB


Cadete Masculino - Fase Previa Grupo Preferente D
Galicia, Islas Baleares, La Rioja e Murcia.

03/01/15 - Xornada 1
(13:30 h) R.Murcia - Galicia (Pavillón Gibraleón)

(73 - 55) (15 - 11, 21 - 16, 19 - 16, 18 - 12)

Bo inicio Galego que durou tan só una intres. Un contundente parcial en contra (11-0) deixaba aos de Miguel Maseda distantes, nunha situación que se prolongaría no resto do encontro. 
 
Un primeiro cuarto igualado foi o único punto forte galego nun encontro marcado pola baixa porcentaxe de tiros libres e a notoria vantaxe no rebote ofensivo rival.
 
Con estas circunstacias a favor, Murcia facíase cunha cómoda renta no marcador que defendería e estabilizaría xa ata o remate do xogo. 

Cadete Feminino – Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Madrid, Aragón, Andalucía e Canarias.

03/01/15 - Xornada 2
(17:30 h) Galicia - Madrid (Pavillón Gibraleón)

(55 - 50) (14 - 14, 14 - 14, 16 - 14, 11 - 8)

Esforzo con recompensa en forma de primeira vitoria para as cadetes galegas no seu debut. Coa tónica da tensión competitiva dominando en ambos os bandos de xogo, Madrid e Galicia ofreceron un encontro exixente, marcando sobre a pista os seus dous espíritos de xogo.

Galegas e Madrileñas mantiveron un alto ritmo durante toda a primeira parte, minutos que, numericamente, foron territorio das segundas, a pesar do xogo galego de poder a poder, o cal propiciaba poder chegar ao descanso cunha réplica idéntica de parciais (14 – 14) en cada cuarto.

No regreso dos vestiarios a reacción chegou polo lado galego, situándose por diante, coa máxima diferenza de 10 puntos, o equipo de Víctor Fernández e buscando conservar esta marxe a base de un bo traballo defensivo. Pero, Madrid non quería deixar pasar a oportunidade de sumar a que sería a súa primeira vitoria neste nacional, e seguiu presionando ata levar o electrónico a uns moi axustados segundos finais. Con Galicia tan só tres puntos arriba no derradeiro minuto(53 - 50), unha canastra crucial galega asinaba o importantísimo, deportiva e moralmente, 55 – 50 decisivo.

Infantil Masculino - Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e Castilla León

03/01/15 - Xornada 1
(09:30 h ) Galicia - Cataluña (Pavillón Diego Lobato. Huelva)  

(57-79) (17-18, 14- 26, 6 -17, 20 -18)

Primeira cita da dobre xornada prevista para os xogadores de Ricardo Aldrey neste martes. 22 puntos de diferencia final nun electrónico que non acabou de reflectir o talante galego sobre a pista, o cal foi crecendo aos poucos, tras pagar os nervos iniciais e as imprecisións propias dos primeiros minutos nun Campionato de España.

Uns primeiros dez minutos de ida e volta, cos equipos medíndose entre si, deron paso ao dominio catalán, materializado en maior medida nun terceiro cuarto de ideas nubradas para Galicia e escasa capacidade de reacción ante canastra.

Cataluña, que mantivo en todo o momento clara a súa dirección cara o trunfo, continuou a sumar acerto e bo facer en defensa para rubricar, de xeito definitivo, o 57 - 79 ao seu favor. 

03/01/15 - Xornada 2
(17:30 h ) Andalucía - Galicia (Pavillón Frontón. Palos)

(41 - 59) (12-13, 13-21, 6-14, 10-11)

Gran partido e resultado para Galicia Infantil Masculina, que dá un paso máis no obxectivo de manter a categoría especial. Os galegos conqueriron ante Andalucía un resultado forxado dende os primeiros intres de xogo, comezando este cun ritmo parello visible na igualdade do marcador.

O segundo cuarto foi clave para crecer en seguridade e acadar o plus preciso para manexar o resto de partido. Nestes segundos dez minutos Galicia establecía unha diferencia de nove puntos sobre a que cimentaría a súa vitoria final.

Xa na segunda metade de encontro, os nosos infantís proseguiron a senda establecida e, co seu mecanismo ben engraxado nas diferentes facetas, subiron a súa vantaxe a eses 19 puntos definitivos.

Infantil Feminino - Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Cataluña, Euskadi, Aragón e Madrid

03/01/15 - Xornada 1
(11:30 h) Galicia - Cataluña (Pavillón Diego Lobato. Huelva)

(44 - 71) (14 - 19, 14 - 11, 9 - 26, 7 - 15)

Colleita de derrota no primeiro dos dous partidos deste martes para a Selección que lidera Nacho Silva. Galicia estreouse ante un nada sinxelo opoñente, que xa marcou as diferenzas dende os primeiros dez minutos.

A intensidade imposta por ambos os banquiños permitiu a Galicia plantar cara e mesmo querer liderar o marcador entrado o segundo cuarto, intre no que o combinado autonómico tirou de oficio e da boa combinación de axudas do seu quinteto para encarar o descanso (28 – 30) aínda dentro do partido. 

A segunda metade de encontro xa se viu tinguida da capacidade rival de xestionar o seu acerto e ampliar paulatinamente o seu dominio tanto en pista como no marcador, consolidando, no último cuarto, a súa traballada vitoria (44 – 71).

03/01/15 - Xornada 2
(19:30 h) Madrid - Galicia (Palacio Deportes. Huelva)

(54 - 65) (17 - 16, 17 - 14, 19 - 19, 1 - 16) Estatística

Galicia venceu a Madrid nun encontro marcado, indicutiblmente, por un último cuarto no que as rivais so conseguiron anotar un único punto polos 16 das xogadoras de Nacho Silva.

Tras unha primeira metade e un tercer cuarto no que a sorte mudaba entre certa igualdade e a lixeira vantaxe rival, Galicia soubo aproveitar o total bloqueo madrileño imperante nos últimos dez minutos e impor así a súa lei.

O bo traballo de Equipo, combinando a acertada achega individual de cada integrante da Selección, pechan o primeiro día de competición cun gran sabor de boca e as máis optimistas opcións de futuro intactas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka