Deporte Galego

O Torneo "Teresa Herrera" de Minibasket crece na súa undécima edición

  • 27 Decembro 2016 |

O tradicional torneo contará con 24 equipos e reunirá aos mellores conxuntos do noroeste peninsular os días 3 e 4 de xaneiro de 2017, entre estes combinados estarán presentes as Preseleccións Galegas de categoría Minibasket - 2006. 

(Info: Basquert Coruña, 27 Decembro 2016.-) O Torneo Teresa Herrera de Minibásket celebrará os días 3 e 4 de xaneiro de 2017 a súa undécima edición, consolidándose como unha cita ineludible no calendario de competicións navideñas de minibasket. Este ano o trofeo presentará novidades que confirman o seu crecemento en participación e na xa de por si alta calidade das súas escuadras participantes. A competición contará coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e terá colexiados oficiais que dedicarán eses dous días a realizar as súas xornadas técnicas.

Un total de 24 equipos tomarán parte neste Teresa Herrera, onde haberá paridade: 12 farano en categoría masculina e o mesmo número en feminina.
Ademais dos gañadores do ano pasado, Colexio Leonés e Academia Celta, completarán a terna de participantes conxuntos punteiros en minibasket, ademais dos actuais líderes nas ligas de 1º división nesta categoría: Basket School, Novobasket, Culleredo e Bosco e as seleccións galegas 2006, tanto masculina como feminina.

O grupo masculino conformarano: Colexio Leonés A e B, Basket School, Novobasket, Culleredo, Bosco, C.B. San Andrés León, Básquet Coruña, Montrove, Maristas Lugo, PreSelección Galega 2006 masculina e Instituto de Odontoloxía Cidade de Ponferrada.

Mentres, no feminino estarán os seguintes equipos: Academia Celta, Básquet Coruña Leyma, Star Center 05 Universitario de Ferrol, Baloncesto Feminino León 06 e 05, PreSelección Galega Feminina 2006, Culleredo, Obradoiro, Maristas Lugo, Colexio Leonés, Salesianos e Bosco.

Disputaranse un total de 62 partidos concentrados en dous días, en xornadas de mañá e tarde, polo que todos os participantes xogarán un mínimo de cinco encontros. Nesta edición, para favorecer a operatividade da competición, incorporarase unha nova instalación, A Normal, para poder cubrir todos os duelos. Esta sumarase ás Polideportivas I e II de Riazor e ao Agra 2, sedes xa en anteriores anos.

O mércores 4 de xaneiro celebrarase a entrega de premios no polideportivo de Riazor 2, no que todos os equipos participantes serán recoñecidos. Ademais, haberá galardóns xentileza de Coca Cola para os MVP en categoría masculina e feminina, premios outorgados aos mellores xogadores do torneo, tanto desde o punto de vista técnico como o doutras habilidades como comportamento cos propios compañeiros, adversarios... Devanditos homenaxeados serán elixidos por todos os técnicos participantes.

A continuación, e como colofón á undécima edición, ás 20 horas, terá lugar o encontro do Leyma Coruña (LEB Oro) ante o Huesca, no Palacio dos Deportes, no que será o seu primeiro partido de 2017.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka