Deporte Galego

Seleccións Galegas: Os combinados minis, de volta ao traballo na Estrada

  • 17 Novembro 2016 |

Terceira cita con carga de traballo para as Preseleccións Galegas Minibasket do total das 12 convocatorias que a Área deportiva FGB ten programada para esta categoría na presente temporada.

Este domingo, 20 de novembro, na localidade da Estrada, escenario e testemuña constante da súas evolucións, as dúas preseleccións minis, feminina e masculina, acometerán adestramentos en horario, únicamente, de tarde.

Os equipos a cargo de Fernán Varela e Javier Cotelo comparecerán na xornada dominical co obxectivo de cumplir a planificación establecida para a súa temporada 2016 - 2017 e perfilar así os combinados definitivos que no mes de abril representarán a Galicia no Campionato de España. Neste caso, os dous técnicos e o seu equipo de colaboradores, contarán cun total de 18 xogadoras e 21 xogadores, baixo a convocatoria que se achega xunto a esta información. 

Infantil e Cadete
A quenda de adestramentos destas dúas preseleccións mini cubrirá o protagonismo da fin de semana no ámbito dos combinados autonómicos. As súas “irmás maiores”, as categorías infantís e cadetes, reservan a súa próxima cita cos pavillóns para o vindeiro día seis de decembo, mes que, sen dúbida, será vital na súa recta final cara o Campionato, a celebrar tradicionalmente na entrada de xaneiro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka