Deporte Galego

Galicia, dominadora no Torneo Infantil de Seleccións Olmedo “Ciudad del Caballero”

  • 31 Octubre 2016 |

As Preseleccións infantís lideraron o Torneo “Ciudad del Caballero” de Olmedo celebrado esta fin de semana, 29 e 30 de outubro; na indicada localidade vallisoletana. 

Os nosos combinados controlaron os seus encontros e deixaron sobre a pista do Pavillón Municipal “Lope de Vega” unas boas sensacións que esperan ir incrementando a medida que avance a súa preparación.

 Galería de Imaxes - Torneo Infantil de Seleccións Olmedo “Ciudad del Caballero”: www.deporteolmedo.com

Nesta cita e ante dous esixentes rivais, Castilla León e Asturias; a proba de nivel saldouse con éxito e cun plus máis que os seus opoñentes:

Sábado - 29/10/16

(17:00 h) Asturias - Galicia (masculino) (48 – 63)

A selección galega debutou con nervios que provocaron erros iniciais ante a defensa presentada polo conxunto asturiano, unha zona moi pechada. Os xogadores de Ricardo Aldrey buscaron tiros exteriores sen fortuna.

Pese a todo, cuarto a cuarto, a diferenza de nivel entre os dous equipos creceu cada vez máis no marcador, impedindo que os xogadores de Asturias entraran en partido na segunda parte.

image1

(19:00 h) Asturias - Galicia (feminino) (43 – 75)

Os nervios tamén presidiron o inicio de Galicia en categoría feminina, e cando parecía que ía arrincar no marcador, recaía debido a erros producidos por falta de concentración.

Foi o paso polo vestuario o que aportou folgos e confianza ás galegas, que tras empezar o terceiro cuarto sacaron o rendemento necesario dos axustos defensivos realizados no descanso. Así, sacaron o encontro adiante ata conseguir a diferenza final.

Domingo - 30/10/16

IMG-20161029-WA0002

(10:30 h) Galicia - Castilla y León (masculino) (67 – 65)

Encontro intenso dilucidado con prórroga. Galicia comezou centrada e con contundencia, marchando ao descanso seis puntos arriba. Na segunda parte chegaron os erros e as canastras comezaron a chegar por parte de Castilla y León, deixando a decisión final en mans do tempo extra. Nesta prórroga os nosos souberon dar un poco máis para facerse cunha diferenza vital de 7 puntos que axustaron e administraron ata 67-65 final.

(12:30 h) Galicia - Castilla y León (feminino) (60 – 42)

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka