Deporte Galego

Super User

Super User

O 3on3 Carneiro ó Espeto viaxou a Valladolid da man de Fuensaldaña

O XIII 3on3 Carneiro ó Espeto, celebrado o venres, 26 de xullo, volveu superar as expectativas creadas e demostrou que o nivel deportivo alcanzado na cita morañesa vai en aumento ano a ano. Nesta ocasión a organización igualou o récord de participación con 44 equipos (12 júnior e 32 sénior con lista de espera para poder participar no torneo) e bateu o número de xogadores xa que ao redor de 200 xogadores déronse cita no pavillón municipal desde primeira hora da mañá.

Árbitros Galegos nas competicións FEB 2013 - 2014

15 colexiados do Comité Galego de Árbitros tomarán parte das Competicións FEB na temporada 2013 - 2014. A representación galega nas categorías FEB atópase reflectida nos dous grupos existentes: Grupo 1 e Grupo 2, establecendo en función dos mesmos, as ligas nas que poderán dirixir encontros os nosos colexiados.

CGAB: Grupo 1 e Grupo Sub 23 para a temporada 2013 - 2014

O Comité Galego de Árbitros comunica as listas de colexiados que conformarán o seu Grupo 1 (correspondente ás competicións de 1ª División Masculina, 1ª División Feminina e 2ª División Sénior Masculina) e o seu Grupo Sub 23, este último encadrado, á súa vez, dentro do Grupo 2.

Á venda na FGB entradas para o España - Alemania

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa FEB, e de cara a flexibilizar a posible compra aos seus clubs e federados, establecerá a súa sede central, en Santiago de Compostela; así como a súa Delegación en A Coruña como puntos de venda de entradas, a PREZO ESPECIAL, para o España - Alemania, encontro amigable que enfrontará o vindeiro 17 de agosto no Coliseum de A Coruña (22.00 h) a ambas seleccións absolutas masculinas dentro da Xira Ruta Ñ 2013.

Miguel Ángel Pérez no Torneo Internacional de Estrasburgo

No camiño de preparación para o Eurobasket 2013 de Eslovenia, as seleccións de Francia, Grecia, Alemania e Croacia, disputaron en Estrasburgo (Francia) un torneo internacional amistoso os días 9, 10 e 11 de agosto no que o árbitro internacional galego actuou xunto con outros 11 árbitros internacionais de diferentes países europeos.

Á venda as entradas para o España - Macedonia

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa FEB e o CAB Obradoiro, e de cara a facilitar a compra de entradas aos federados e socios do club, ofrecéndolle descontos especiais, establece a sede do club, en Santiago, como punto de venda de entradas para o encontro amigable que enfrontará a Selección Española e a de Macedonia o vindeiro día 20 no Multiusos Fontes do Sar (21.00 h) dentro da xira Ruta Ñ 2013.

A Selección Española de baloncesto aproveitará a súa presenza en Santiago para render homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois

O salón vermello do Pazo de Raxoi acolleu a sinatura do convenio para a celebración do partido internacional de baloncesto entre España e Macedonia, que se celebrará o martes 20 de agosto no Multiusos Fontes do Sar. O acordo foi subscrito polo alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo e presidenta de INCOLSA, Reyes Leis; o presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luis Sáez; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka