Deporte Galego

Super User

Super User

1º División Feminina 2013 - 2014: equipos inscritos

A 1º División Feminina - Grupo Norte, competición organizada esta 2013 - 2014 pola Federación de Castilla León, e que conta tamén coa participación das Federacións Cántabra, Asturiana e da propia FGB, presenta o seu listado de equipos inscritos ata o día de hoxe.

 

O Presidente FGB, cos alumnos dos cursos de Nivel I e Nivel II

Os Cursos de Adestradores de Nivel I e II, que se están a celebrar esta semana nas Instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Compostela, e que no primeiro caso viven este mércores a súa derradeira xornada, contaron na mañá de hoxe coa presenza do Presidente da Federación Galega, Francisco Martín

 

Todo preparado en Vigo para recibir ao "NBA 3X TOUR 2013"

- A cidade olívica recibe este sábado e domingo, 13 e 14 de xullo, a especial visita do "NBA 3x Tour 2013", cita que encherá Vigo de competición e actividades deportivas e lúdicas pensadas para toda a familia.

- A lenda da NBA Bruce Bowen, ex alero de San Antonio Spurs, tres veces campión da NBA e cinco veces no mellor quinteto defensivo desa liga, estará presente neste evento, sumando un aliciente máis á emoción que transmite este programa itinerante coa promoción do Baloncesto NBA como obxectivo.



Curso Superior 2013: seis galegos a polo "gran título" do ver

Conta atrás para o inicio do CES2013 que arrinca na súa parte presencial esta fin de semana en San Cristóbal da la Laguna e que reunirá a 137 aspirantes a Adestrador Superior entre os que se atopan un total de seis adestradores con licenza na Federación Galega de Baloncesto: Cristina Castells Castaño, David González Beceiro, Manuel Martín Ferreiro, José Luís Mejuto, Anxo Riobó Navia e Ignacio Silva Fernández.

V Campus CHIQUIBASQUET ARES

Esta actividade, a celebrar entre o 1 e o 9 de agosto, consolídase xa como unha das clásicas dentro das propostas deportivas do verán desta localidade costeira de Ferrolterra.

A FGB amosa a súa dor e consternación tras o accidente acontecido en Santiago

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu presidente e representada por todo o seu persoal directivo, administrativo e deportivo, desexa amosar o seu máximo cariño e as súas condolencias ás familias das vítimas do tráxico accidente ferroviario acontecido na tarde deste mércores en Santiago de Compostela. Por suposto, queremos transmitir tamén toda a nosa forza e apoio aos feridos e afectados. O noso pensamento está con eles.

A FEB súmase á dor pola traxedia de Santiago

Sumándose á dor que se vive en Galicia e en toda España pola traxedia vivida onte na capital galega, a FEB decidiu suspender a presenza do Road Show 2014 en Santiago de Compostela e A Coruña prevista para os próximos días.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka