Deporte Galego

Super User

Super User

Posponse a reunión virtual da FGB con toda a familia do Baloncesto Galego

Ante o aprazamento de toma de decisións por parte das administracións (CSD-FEB-SXD...) con respecto ao regreso ás competicións, a Xunta Directiva desta Federación comunica que apraza a reunión telemática xa anunciada que iba a ter lugar en breves datas, e na que desexábamos que todos os integrantes do baloncesto galego (clubs, xogador@s, adestrador@s, árbitr@s...) puideran expresar as súas inquedanzas e estiveran informados de primeira man por esta Federación.

 

O Clinic de Pretemporada CGAB adapta o seu formato á situación sanitaria

O Comité Galego de Árbitros abre a temporada 2020 - 2021 coa convocatoria do seu Clínic de Pretemporada. Esta actividade, xa tradicional, celebrarase alternativamente os vindeiros 29 e 30 de agosto e farao marcada pola realidade sanitaria, ofrecendo un formato diferente ao de anteriores anos.

Co obxectivo primordial de poder cumprir os protocolos sanitarios pertinentes, a edición 2020 do Clínic dividirase en tres localizacións diferentes e alternará contido online e parte presencial, sempre que a situación sanitaria e as directrices das institucións pertinentes o permitan nesas datas. Lugo (o 30 de agosto), Santiago e Vigo  (o 29 de agosto en ambos os casos) son as tres sedes elixidas. Nelas repartiranse por proximidade xeográfica os 68 árbitros que integran os Grupos 1, Dispoñibles do Grupo 1 e Grupo Sub 23 do propio CGAB.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka