Deporte Galego

“Clínicas Gaias”, nova aliada do Baloncesto Galego

  • 25 Setembro 2013 |

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e o Director Médico de"Clínicas Gaias", Antonio García Pravos; rubricaron un acordo de colaboración este martes, 24 de setembro.

A Federación Galega de Baloncesto suma un novo colaborador ao seu traballo e labor de apoio ao Baloncesto da Comunidade. A entidade Federativa e "Clínicas Gaias" unen esforzos nesta temporada 2013 - 2014, coa responsabilidade social corporativa como nexo común e co obxectivo de acometer diferentes accións que contribúan a mellora das posibilidades deportivas dos federados.

Clínicas Gaias: asistencia de calidade
Clínicas Gaias é un conxunto de policlínicos médicos situados en Santiago, A Coruña, Ferrol, Ribeira e Vigo que nacen cun primeiro centro en 1999 en Santiago formado por tres servizos, Neurocirurxía, Fisioterapia e Traumatoloxía, con especialización en Patoloxía de columna.

Na actualidade dispón de cinco centros, cunha importante cantidade de especialidades médicas e cirúrxicas (traumatoloxía, neurocirurxía, especialistas en tratamento da dor, dano cerebral, neurofisioloxía aínda que tamén outras como cardioloxía, xinecoloxía, otorrino, logopedia, alerxia, dermatoloxía e medicina xeral, así como servizos de fisioterapia e centros de diagnóstico (Resonancias Magnéticas, TAC).

O seu obxectivo é ofrecer unha asistencia de máximo nivel, cos recursos humanos máis capacitados e os recursos tecnolóxicos máis avanzados.

logos 2

A competición sénior masculina, compromiso inicial
Baixo esta premisa de seriedade e calidade, a primeira das accións visibles xestionadas man a man entre FGB e "Clínicas Gaias" é o patrocinio, por parte desta última, da Liga FGB de Primeira División Masculina, competición que recibe xa a denominación "Clínicas Gaias Primeira División Masculina" e que dará comezo o vindeiro 20 de outubro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka