Deporte Galego

Fernando Romay e José Manuel Beirán achegan a Galicia a "Vía Deportiva Renfe"

  • 07 Febreiro 2012 |

- Santiago de Compostela será o próximo 17 de febreiro a próxima estación de parada para a "Vía Deportiva", recente programa social posto en marcha pola Fundación FEB 2014 e Renfe.

- Destinado a pais, xogadores e formadores de novos xogadores este proxecto viaxa por toda España co obxectivo de axudar a educar en valores aos máis pequenos. Compostela será a súa sede en Galicia, grazas á intervención da Federación Galega de Baloncesto.

Os ex xogadores internacionais Fernando Romay, á súa vez Director de Relacións institucionais da Fundación FEB 2014; e José Manuel Beirán ofrecerán o vindeiro 17 de febreiro en Santiago unha interesante charla - coloquio que canalizará as potencialidades formativas que o baloncesto ofrece aos nosos fillos e xogadores.

Este relatorio, dirixido principalmente a pais e técnicos, virá seguido da proxección dun vídeo, a reflexión grupal das cuestións postas sobre a mesa e o debate sobre posibles inquedanzas ou dúbidas de todos os alí presentes.

A cita compostelá suma unha parada máis á positiva traxectoria que o Programa "Vía Deportiva" veu trazando ao longo de toda España en diferentes cidades, nas que a resposta de pais e adestradores foi excelente.

A convocatoria galega está marcada para o venres, 17 de febreiro, a partir das 20.00 h, no Hotel NH Obradoiro, localización xestionada grazas á colaboración de "la Caixa". A asistencia á mesma é completamente libre e de balde, poñendo ao alcance de todos unha boa oportunidade de compartir opinións sobre temas sempre de referencia como son o deporte e a educación en valores.

O único requisito para poder achegarse a coñecer en persoa as experiencias de Romay e Beirán é a confirmación previa de asistencia, a cal debe facerse a través do correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka