Deporte Galego

A FGB abre camiño para a creación do "arquivo do Baloncesto Galego"

  • 09 Febreiro 2012 |
Memorial Lorenzo de La Torre (1982 - 1983) (Foto: El Correo Gallego)
Memorial Lorenzo de La Torre (1982 - 1983) (Foto: El Correo Gallego)

A FGB vén de compartir fai ben pouco, con toda a comunidade do Basket Galego, a posibilidade de consultar, vía web, tres interesantes e emotivas publicacións, todas elas co baloncesto vigués e galego como característico nexo de unión.

Nadas na mente de Luis Alberto Rey Lama, ao que agradecemos enormemente a súa colaboración para poder facérvolas chegar, estas tres obras son mostra da numerosa bibliografía que o noso deporte ten a capacidade de recompilar.

Por este motivo, dende estas liñas, e tal e como xa o fixo Rey Lama, queremos animarvos a poñervos en contacto con nós, e ofrecervos a posibilidade de compartir entre todos as múltiples historias, ilustradas en diferentes soportes, que deron e dan vida ao baloncesto en Galicia. Anécdotas, curiosidades ou emotivas historias que tiveron lugar na pista.

Todo ten cabida na memoria colectiva do baloncesto na nosa Comunidade e, de seguro que con máis apoios para a súa divulgación, converteranse nun grata lembranza ou mesmo nunha ferramenta para a aprendizaxe colectiva. Exemplos actuais do simbólico deste propósito, como o é xa o libro "50 anos de Baloncesto en Galicia", anímannos a continuar con esta idea.

Para canalizar esta acción permanece activo nesta web o apartado BALONCESTO GALEGO, un pequeno oco que prentende ser un "corpus crecente de información e recursos" que permita a maior expansión posible de todo o que rodeu ao noso deporte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka