Deporte Galego

As Copas Galicia EBA e Sénior Feminina, en marcha dende este sábado

  • 27 Setembro 2013 |

A Copa Galicia Sénior Feminina e a Copa Galicia EBA inician esta fin de semana unha nova edición, especial neste 2013 xa que ambas as competicións compartirán, por primeira vez na súa historia, data e sede para as súas finais. Será, neste caso, en Ferrol o vindeiro 19 de outubro.

E para chegar ata esa cita na cidade departamental, os equipos implicados nas dúas Copas Galicia deberán afrontar as respectivas fases previas, cuxa primeira xornada arrinca este sábado, 28 de setembro.

XXI Copa Galicia Sénior Feminina
Os nosos seis representantes en Liga Feminina 2 compiten distribuídos en dous grupos elaborados por proximidade xeográfica. Os dous mellores de cada bando pasarán a semifinais.

Os grupos en competición son:
Grupo Norte: Porta XI, Universitario Ferrol e A.D.Cortegada.
Grupo sur: R.C. Celta, Arxil e Pabellón Ourense.

A súa primeira xornada, a celebrar este sábado, 28 de setembro, rexistrará os seguintes enfrontamentos:

28/09/2013 - Fase Previa Xornada 1
Portomar Cortegada - Durán Maquinaria Ensino
(19.30 h. Fontecarmoa)

Pabellón Ourense - Real Club Celta Selmark
(20.00 h. Allariz)

Copa Galicia EBA
Baloncesto Narón, Santo Domingo Betanzos, Estudiantes Lugo Leyma Natura, Ferrol C.B., C.B. Chantada Galicia Vento e Instituto Rosalía de Castro configuran un único grupo de xogo, disputando unha liguiña a unha volta que se estrea este sábado 28 cun único encontro.

28/09/2013 - Fase Previa Xornada 1
Instituto Rosalía de Castro - Estudiantes Lugo Leyma Natura
(18.45 h. Instituto Rosalía de Castro)

Os calendarios completos de xogo, así como os resultados actualizados de ambas as Copas poden consultarse no apartado COPA GALICIA desta mesma web.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka