Deporte Galego

Fernando Romay e José Manuel Beirán, este venres 17 en Compostela coa "Vía Deportiva Renfe"

  • 15 Febreiro 2012 |

- Santiago de Compostela convértese este venres, 17 de febreiro, en estación de parada para a "Vía Deportiva", programa social posto en marcha pola Fundación FEB 2014 e Renfe.

- Destinado a pais, xogadores e formadores de novos xogadores este proxecto viaxa por toda España co obxectivo de axudar, a través dunha ponencia realizada por Fernando Romay e José Manuel Beirán, a reflexionar sobre a educación en valores a través do Baloncesto.

- A participación na charla - coloquio deste venres é totalmente de balde e a FGB convida a participar a todos os afeccionados e federados interesados na temática posta sobre a mesa.

Os ex xogadores internacionais Fernando Romay e José Manuel Beirán ofrecerán este venres, 17 de febreiro, en Santiago unha interesante charla - coloquio que canalizará as potencialidades formativas que o baloncesto ofrece aos nosos fillos e xogadores.

Esta intervención, dirixida principalmente a pais e técnicos, transmitirá pautas e claves para unha correcta educación en valores da man do galego Fernando Romay, Director de Relacións institucionais da Fundación FEB 2014; e de José Manuel Beirán, avalado ademais de pola súa traxectoria deportiva, pola súa faceta como experto en psicoloxía deportiva.

Romay e Beirán comparecerán a partir das 20.00 h do venres no Hotel NH Obradoiro (Avenida Burgo das Nacións s/n) e dende a FGB animamos a asistir a esta interesante charla a todos os adestradores, pais, xogadores e afeccionados que desexen compartir as súas inquedanzas sobre un tema sempre vixente como é a educación en valores.

O único requisito para poder achegarse a coñecer en persoa as experiencias de Romay e Beirán é a confirmación previa de asistencia, a cal debe facerse a través do correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka