Deporte Galego

Santiago de Compostela, parada esta tarde para a Vía Deportiva da Fundación FEB 2014 e Renfe

  • 17 Febreiro 2012 |
Romay e Beirán estarán esta tarde en Compostela
Romay e Beirán estarán esta tarde en Compostela

O programa Vía Deportiva chega esta tarde de venres a Santiago de Compostela. A terceira xornada do ano deste proxecto de transmisión de valores lanzado pola Fundación FEB 2014 e Renfe conta esta semana coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.O escenario da xornada desta mesma tarde será o Hotel NH Obradoiro da capital galega, a partir das 20.00h. A entrada é libre e invítase a participar a adestradores, pais, xogadores e afeccionados.

Galicia convértese esta tarde na terceira parada do ano da Vía Deportiva, tras o seu recente paso por San Sebastián e Zaragoza. En Santiago de Compostela, os relatores serán de novo Fernando Romay (responsable de relacións institucionais da Fundación FEB 2014) e o tamén ex xogador internacional José Manuel Beirán.

Trátase dun relatorio didáctico que analiza as posibilidades da práctica activa do baloncesto como ferramenta educativa dos máis novos. A charla ten unha duración aproximada dunha hora e media, ilustrada coa proxección dun vídeo, tras a cal Romay e Beirán darán paso a unha reflexión grupal sobre a exposición de situacións reais e un apartado final de rogos e preguntas.

Sementar na base
O presidente da FEB remarca que o programa Vía Deportiva "sementa na base, un concepto prioritario en numerosos proxectos da Fundación FEB 2014 porque se trata do punto de partida desde o cal traballar para construír o mellor futuro posible". Para José Luís Sáez, o gran valor deste programa é que se chega aos nenos e nenas a través dos seus pais e adestradores, dous alicerces fundamentais da súa formación".

O programa Vía Deportiva está especialmente dirixido a pais e formadores dos nenos e nenas inscritos nas competicións das categorías Minibasket, Infantil e Cadete das competicións autonómicas. A colaboración entre Renfe e a Fundación FEB 2014 no programa Vía Deportiva forma parte do programa de Responsabilidade Social Empresarial "Un tren de Valores", da operadora ferroviaria e o seu compromiso co fomento do deporte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka