Deporte Galego

A FGB pulsa a opinión de todos os clubs

  • 17 Febreiro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto, e en concreto o seu Comité de Actividades e a súa Xunta Directiva, desexan poñer en coñecemento de todos os clubs galegos que na tarde deste xoves fixeron chegar a cada un deles, vía correo electrónico, unha enquisa de opinión e valoración.

Este documento, ao que a FGB outorga unha gran importancia, permitirá pulsar a opinión directa e precisa de todos os clubs, independentemente da súa categoría, de cara á confección das Bases de Competición 2012 - 2013, así como para a mellora de diferentes aspectos deportivos.

Dende estas liñas solicitamos a colaboración de todos para con esta iniciativa, á que se agarda que se resposte de xeito sincero, en representación de cada club. Coñecer de primeira man as impresións de todo o corpus do baloncesto galego é algo primordial para nós.

Serán analizados e computados tódolos documentos de respostas recibidos antes das 20.00 h do día 24 de febreiro do 2012. E para facilitar o proceso a todas aquelas persoas que se atopen con dúbidas ou problemas informáticos para cubrir e remitir a enquisa, achegáronse xunto á mesma unhas recomendacións a seguir. As mesmas poden consultar tamén aquí.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence