Deporte Galego

Compostela comprométese coa "Vía Deportiva- Renfe

  • 18 Febreiro 2012 |
Carlos Gómez e Francisco Martín abriron a charla
Carlos Gómez e Francisco Martín abriron a charla

O Hotel NH Obradoiro da capital galega foi o escenario elixido para a terceira parada de 2012 do programa de educación en valores da Fundación FEB 2014 e Renfe. Santiago de Compostela deuno todo unha vez máis co baloncesto como protagonista, nunha noite na que pais e formadores estiveron acompañados polo Presidente da Federación Galega de Baloncesto e polo Subdirector Xeral da Xunta de Galicia, entre outros. O acto contou ademáis coa colaboración de "la Caixa", patrocinador da FGB.

(FEB)/ Que Santiago de Compostela é unha cidade comprometida co baloncesto non é ningún segredo tal e como se puido demostrar na noite deste venres, data na que Compostela se entregou á chegada do programa "Vía Deportiva" como xa fixese o pasado ano con citas da talla da final da Copa Príncipe 2011 ou como coa visita do programa "Cidades Adecco", acollendo entre ambas a máis de 11.000 participantes.

Nesta ocasión, a Fundación FEB 2014 e Renfe chegaron ata Santiago de Compostela cun programa conxunto destinado aos formadores dos xogadores de futuro do baloncesto español. José Manuel Beirán e Fernando Romay ofreceron aos asistentes unha atractiva conferencia presentada polo Subdirector Xeral da Xunta de Galicia, Calos Gómez; e polo presidente FGB, Francisco Martín. Ambos foron teloneiros de luxo nunha noite na que estiveron tamén acompañados polo presidente de honra da da Federación Galega, Paco García.

0499498001329563277-os-asistentes-seguiron-ben-atentos-as-intervencions-de-romay-e-beiran 0772944001329563171-carlos-gomez-e-francisco-martin-abriron-a-charla

Desde un punto de vista baseado na experiencia de varias décadas ligados ao baloncesto, Romay e Beirán impartiron unha conferencia centrada na educación en valores para pais e técnicos daqueles nenos en idade de formación co único fin de tratar de reforzar o traballo diario que os protagonistas da educación desenvolven no día a día dos seus fillos.

Tras a proxección dun vídeo e a exposición das diferentes ideas que compoñen o programa, Romay e Beirán deron paso a unha animada quenda de preguntas que terminou por converterse nunha pequena mesa redonda plena de experiencias debido á participación activa de todos os asistentes á conferencia.

A conclusión do acto supuxo a saída do tren de valores de Renfe e a Fundación FEB 2014 cara a unha nova estación, a da localidade de Pamplona quen se converterá en próxima sede do programa na tarde-noite do próximo xoves 1 de Marzo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka