Deporte Galego

Consegue a un prezo vantaxoso o teu exemplar de "50 anos de Baloncesto en Galicia"

  • 20 Febreiro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto e o xornal compostelán "Santiago Siete" unen camiños para ofrecer a todos os afeccionados galegos a posibilidade de facerse de xeito vantaxoso cun exemplar do libro "50 anos de Baloncesto en Galicia". Editada pola propia FGB, nesta obra resúmense en carismáticas e inesquecibles fotografías un total de 50 anos de práctica do Baloncesto na nosa Comunidade.

Consciente do valor desta publicación, "Santiago Siete" quixo comprometerse coa mesma e desde as páxinas do seu número 232 (do 17 de febreiro ao 1 de marzo) ofrece a todos os seus lectores unha promoción - desconto para a compra de "50 anos de Baloncesto en Galicia" .

Así, achegando á sede da FGB (punto de venda principal desta obra) o Cupón que o diario compostelán publica poderás adquirir un exemplar de "50 anos de Baloncesto en Galicia" cun desconto de 10 euros sobre o seu prezo orixinal.

Así, por un total de 30 euros, terás ao teu alcance e na túa man gran parte da historia do Baloncesto Galego relatada en imaxes.

No documento que se achega podes consultar a páxina concreta que debes localizar dentro do exemplar orixinal en papel de "Santiago Siete" para poder conseguir o cupón desconto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence