Deporte Galego

O Concello de Ferrol e a FGB, da man para potenciar o baloncesto

  • 20 Marzo 2012 |

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, desprazouse esta mañá ás dependencias do Concello de Ferrol para levar a cabo unha importante reunión coa actual situación do Baloncesto nesa zona como eixo temático central.

Acompañado pola responsable da área deportiva da FGB, Cristina Piñeiro; Francisco Martín mantivo unha entrevista coa Concelleira de Deportes desta cidade, Susana Martínez Galdós; e co Director Xerente do Padroado Municipal de Deportes, Juan Antonio Muñiz.

Xunto a eles valorou o presente do noso deporte na cidade de Ferrol, e por extensión na Comarca de Ferrolterra. As sensacións recollidas por ambas as partes no transcurso deste encontro son coincidentes na necesidade de traballar por continuar dinamizando o baloncesto en Ferrol. Así mesmo, potenciar o papel da Delegación FGB nesta zona, de importante e tradicional peso a nivel galego, tamén formou parte das conclusións comúns de todos os presentes.

Polo tanto, o obxectivo de ambas as institucións desde esta mesma mañá é o de seguir contribuíndo a que os cimentos do Baloncesto Ferrolá sexan cada vez máis fortes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence