Deporte Galego

O Rio Natura Monbus – Iberostar Tenerife, partido do Federado

  • 27 Xaneiro 2014 |

- Os deportistas con licenza na Federación Galega de Baloncesto poderán adquirir entradas a 9 euros para este encontro correspondente á décimo oitava xornada da Liga Endesa, e programado para este domingo, día 2 de febreiro, ás 12.00 h.

- O partido contará tamén co aliciente da presenza no Multiusos Fontes do Sar da Selección Galega Cadete Feminina, bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas neste ano 2014.

O Rio Natura Monbus, tras acordo acadado coa FGB, declarou o encontro que disputará fronte ao Iberostar Tenerife o vindeiro domingo 2 de febreiro -12.00h.- "Partido do Federado", ofrecendo entradas a un prezo vantaxoso de 9 euros a todos aqueles que posúan licenza na Federación Galega de Baloncesto.

Os Federados que desexen acollerse a esta promoción deberán presentar a pertinente documentación acreditativa (licenza ou folla de inscrición do equipo debidamente selada) e así obterán entradas ao prezo de 9 euros en Tribunas 2. Esta promoción faise extensible para os pais de calquera federado de baloncesto.

Esta promoción é válida á hora de adquirir a entrada en venda anticipada tanto nas oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, como na Tenda Oficial “Miudiño Store” no Área Central - local Blusens, de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas.

O prezo das entradas para este partido para o público en xeral é de 35 euros nas Tribunas Retráctil, 29 euros nas Tribunas 1, 25 euros para as Tribunas 2 e 19 euros Fondos.No entanto, o club ofrece prezos reducidos para abonados e accionistas, menores de 18 anos, estudantes menores de 26 anos, parados de longa duración e maiores de 65 anos, de 25 euros en Tribunas 1, 19 euros en Tribunas 2, 15 euros Fondos e 10 euros para os nenos menores de 10 anos (Tribunas 2) . Os Federados nesta ocasión, 9 euros para as Tribunas 2.

Na compra de entradas con descontos requirirase ao portador da entrada a documentación pertinente que acredite devandito desconto á hora de acceder á instalación.

O Bronce da Selección Galega Cadete Feminina, en SAR

O Río Natura Monbus – Iberostar Tenerife terá un matiz especial máis no ámbito federativo, servindo tamén como recoñecemento e homenaxe á Selección Galega Cadete Feminina que obtivo a medalla de Bronce no Campionato de España desta categoría celebrado en Cáceres no mes de xaneiro.

DSC04102 1

A Selección Cadete estará este domingo en Sar, convidada por Obradoiro CAB e FGB, e no descanso do encontro recibirá, de seguro, o forte aplauso da calurosa afección do Multiusos, así como o recoñecemento do propio Club e, por suposto, da Federación Galega e o seu principal patrocinador, “la Caixa”.

As 12 xogadoras que defenderon as cores de Galicia para lograr ese Bronce, comandadas polo seu corpo técnico, levarán consigo a súa medalla e, con ela colgada no peito, desfrutarán deste detalle do club santiagués e poderán, á vez, gozar da ACB e do seu espectáculo. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka