Deporte Galego

En marcha a organización do IX DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET

  • 08 Maio 2012 |

- O Grupo Correo Gallego organiza, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e co Concello de Santiago, unha nova edición (IX) do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, cita que terá lugar o vindeiro 9 de xuño, no pavillón Multiusos Fontes do Sar.

- Este ano poderán participar todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 2000 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por equipo.

- Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en xogos, e nos habituais concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.

Na presente edición, debido as dificultades de financiamento, e co fin de manter activo este encontro deportivo, a organización vese na necesidade de solicitar una cota de participación de 60 € por equipo para axudar a cubrir os gastos do evento.

Para preinscribirse terán que remitir, antes do día 14-05-2012, a folla de preinscrición anexa (unha por cada equipo) debidamente cuberta ao número de fax 981-543804 ou ao enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. A presenza dunha dirección electrónica de contacto no formulario de inscrición será vital para facilitar as comunicacións.

Unha vez recibida a preinscipción confirmaráselle a participación a cada equipo. Deberá facerse o ingreso na conta nº 2080 0300 89 3040142102, indicando o nome completo do equipo e enviar o resgardo de pagamento para facer efectiva a inscrición. Pola limitación propia das instalacións, o número de participantes é limitado e a inscrición realizarase por estrita orde de chegada.

O Grupo Correo Gallego organizará o transporte e a manutención de todos os participantes. Nesta liña, a organización resérvase o dereito de excluír, o mesmo día 9, a todos os equipos que non estean na idade establecida. Unha vez finalizada a inscrición informarase aos equipos do percorrido dos autobuses que farán os traslados.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence