Deporte Galego

Xa se coñecen os grupos e calendario do masculino

  • 16 Maio 2012 |

Esta mesma mañá de mércores tivo lugar en Cambados o sorteo do XIV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino, cita que albergarán as vilas galegas de Marín e Vilagarcía de Arousa do 27 de maio ao 2 de xuño.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; así como diferentes representantes de ambos os Concellos organizadores, participaron no acto de posta de longo do Campionato, así como no indicado sorteo. A presenza ademais do Capitán do Obradoiro CAB, "Tuky" Bulfoni, arroupou a inauguración da que será unha cita de máxima importancia no calendario do baloncesto nacional.

A continuación adiantamos o resultado do mesmo, que deixa os oito grupos de xogo configurados do seguinte xeito:

Grupo A: Joventut, 100x100 Basket, La Salle Rovira e CBC 96.

Grupo B: Estudiantes Leyma Natura, Easo A, Medio Cudeyo e San Antonio Cáceres.

Grupo C: Real Madrid, Valencia BC, Peixegalego e 2º Baleares.

Grupo D: Canterbury Indecnet, Cajasol, Alginet e Compañía María Santiago.

Grupo E: Endesa 96, Blancos Rueda, Manresa e 1º Castilla-La Mancha.

Grupo F: Espacio Torrelodones, Grupos Zhaber ISB, Grupo Covadonga e Palencia.

Grupo G: Unicaja, CAI Zaragoza, La Caja Canarias e Fuenlabrada.

Grupo H: Barcelona, Capuchinos, Burlada e 2º Castilla-La Mancha.

No documento que se achega pode consultarse o CALENDARIO COMPLETO.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence