Deporte Galego

Aula Formativa do Adestrador Galego: programada a segunda convocatoria a cargo de Carlos Maceiras

  • 02 Novembro 2013 |

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB renovan neste mes de novembro as propostas da súa Aula Formativa común, a destinada a todos os adestradores galegos.

Tras a súa satisfactoria estrea acometida en setembro, este proxecto didáctico presenta a súa segunda convocatoria da temporada, viaxando nesta ocasión, o vindeiro domingo, 10 de novembro, ata a cidade de Ourense.

O encargado de preparar e dirixir esta nova convocatoria formativa é Carlos Maceiras, técnico no C.B. Blanco Amor e habitual colaborador da área de adestradores FGB levando a cabo a tarefa de profesor nas diferentes estadíos formativos da mesma.

Nesta ocasión, Maceiras impartirá unha charla coloquio cuxo tema central, “Mellora de Percepción e Lectura do Xogo en Iniciación: traballo práctico”, porá sobre a mesa diferentes cuestións a tratar e debater por todos os presentes.

En concreto, a sesión terá lugar no Colexio Carmelitas (Ourense) o indicado domingo, día 10, a partir das 16.00 h da tarde, servindo, á súa vez, de perfecto nexo de unión coa Fase Final da Copa Galicia Infantil Feminina, competición que se celebra nesa mesma data na cidade das Burgas baixo a organización do propio C.B. Carmelitas.

Inscrición e Validación formativa

O Proceso de inscrición para a participación nesta segunda charla da temporada para a Aula Formativa segue os mesmos criterios habituais establecidos dende o inicio deste proxecto. Completamente de balde, os interesados en tomar parte unicamente deberán solicitar a súa presenza a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., especificando nome, apelidos e DNI.

Así mesmo, os integrantes do grupo de alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB poderán validar a súa presenza xunto a Carlos Maceiras por tres horas de formación.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka