Deporte Galego

Selección Española: A Coruña presenta o España - Arxentina

  • 18 Xuño 2012 |

(FEB.es)O alcalde, Carlos Negreira, presentou esta mañá o partido que a selección española de Baloncesto disputará no Coliseum da Coruña o próximo 20 de xullo co equipo de Arxentina de cara á preparación dos Xogos Olímpicos, que se celebrarán este verán en Londres.

O alcalde da Coruña, xunto ao concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita aos presidentes da Federación Española de Baloncesto (FEB), José Luís Sáez, da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; do Club Basquet Coruña, Carlos Lamora; e ao Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; para presentar á prensa o partido amigable entre España e Arxentina.

Negreira agradeceu á FEB a súa "sensibilidade" coa cidade para que se converta en sede dun dos partidos de preparación máis importantes que xogará a selección de Marc Gasol, Juan Carlos Navarro e Sergio Llull. "Non é un froito ocasional, temos máis futuro, haberá unha continuidade en acordos futuros porque o baloncesto é unha ferramenta social que representa valores como o traballo en equipo, o compañeirismo e o sacrificio", afirmou o alcalde, quen animou a continuar nesta liña de colaboración, á vez que destacou o apoio amosado polo Club Basquet Coruña e a Xunta.

"Fai 13 anos que non xoga a selección española de baloncesto, desde 1999 contra o equipo de Lituania de Sabonis. Este novo partido permitiranos continuar coa nosa aspiración de ser referente do noroeste español, como o amosan eventos deportivos como este, a Tall Ships Races do 10 ao 13 agosto e a celebración da Supercopa de España de Fútbol sala en setembro", explicou Negreira.

O alcalde coruñés destacou que o encontro será o venres 20 de xullo no Coliseum, o recinto cuberto con máis aforo da cidade da Coruña que pode acoller un evento deportivo destas características, o que tamén vai posibilitar que o baloncesto poida achegarse ao maior número de persoas posible e así fomentar o deporte base.

20120618 ALCALDE- SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO 1

SÁEZ: CORUÑA É UN EXEMPLO DE TRABALLO DEPORTIVO E SOCIAL NO BALONCESTO
Pola súa banda, o presidente da Federación Española de Baloncesto, que agradeceu "a colaboración do Concello da Coruña", informou de que está previsto pór hoxe á venda as entradas para o partido entre España e Arxentina. A Coruña será a única cidade da cornixa cantábrica que poderá gozar da selección de baloncesto dentro da súa xira de preparación de cara aos Xogos Olímpicos e que tamén lles levará por Valladolid, Madrid, Salamanca, Granada, Málaga e Barcelona. Para Sáez "A Coruña é un exemplo no traballo polo baloncesto cun proxecto no que institucións como o Concello colaboran co club local nun proxecto global que non se esquece da súa vertente social, o que conecta coa nosa filosofía de traballo

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka