Deporte Galego

Obradoiro CAB, campión da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina

  • 15 Setembro 2012 |

Obradoiro CAB proclamouse campión da XXVII edición da Copa Galicia Sénior Masculina tras derrotar esta noite a Club Ourense Baloncesto nunha disputada final na que o club ourensán actuou como anfitrión e que congregou no Pazo dos Deportes Paco Paz (Ourense), ao mellor baloncesto galego de pretemporada.

15/09/12 - Pazo dos Deportes Paco Paz - Ourense

(20.00 h) Club Ourense Baloncesto - Blusens Monbus (67 - 86)

(19 - 25, 20 - 17, 10 - 25, 18 - 19)

Árbitro Principal: Jacobo Rial / Árbitro Auxiliar: Daniel Pazos / Árbitro Auxiliar: Cristian Martín

A Copa Galicia reuniu de novo a Obradoiro e COB en torno a unha final. Dous equipos que iniciaron a busca do trofeo tentándose e amosando que a igualdade ía ser a protagonista ata ben entrada a noite.Dende os primeiros compases, as cartas dos santiagueses pasaron polo poderío dos seus interiores. Unha parella, a de Kendall e Junyet, vital para complicar as posibilidades do rival e mermar o seu ataque. E grazas a este argumento, súa foi a superioridade no primeiro cuarto.

Os da cidade das Burgas apelaron dende o minuto cero a un intenso derroche de forzas co que tentar paliar o seu déficit físico e continuar enganchados a un partido que ninguén quería dar por perdido. No segundo cuarto, Rafa Sanz e os seus homes souberon aproveitar as rotacións obradoiristas e, sen Kendall e Junyet en pista, materializaron maior solidez en ataque, deixando ver que as súas opcións permanecían intactas. Sen embargo, nos derradeiros tres minutos, o quinteto santiagués retornaba a balanza a favor dos seus intereses.

Na renovación o encontro rompeuse definitivamente. O bo facer en defensa dos de Moncho Fernández convertíase nun obstáculo real para o COB. Unha traba que se unía á precisión e efectividade de Alberto Corbacho, inapelable no tiro exterior. Esta combinación de factores deixaba a Obradoiro cunha marxe de 18 puntos (49 - 67) e tan só dez minutos para o remate.

O último cuarto sucedeuse entre os xa escasos folgos reinantes e os intentos do COB por manter viva a esperanza. Unha actitude que se viu abaixo polos erros e as imprecisións cometidas. Con este panorama, Obradoiro precisaba de pouco para rubricar a súa vitoria no electrónico (67 - 86) e recoller a súa terceira e consecutiva Copa Galicia.

Previamente, e como agasallo final para os afeccionados que encheron o Pazo, unha impecable tripla de Pablo Posse dende casi media pista certificaba o trunfo sobre a bucina.

Trofeos e Recoñecementos
Oriol Junyet foi o encargado de recibir a Copa Galicia de mans do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. O capitán obradoirista, feliz por sumar un novo título, era felicitado acto seguido polo Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; así como polas restantes autoridades presentes.

Pola súa banda, o subcampión e organizador da Fase Final desta XXVII edición da Copa Galicia recibía tamén o seu recoñecemento. O esforzo do COB na pista e a súa implicación coa competición acreditouse cun trofeo do que fixo entrega o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

0867401001347752485-o-conselleiro-de-educacion-jesus-vazquez-xunto-a-oriol-junyet-no-intre-da-entrega 0073931001347753091-merecida-copa-de-subcampion-para-o-club-ourense-baloncesto

O MVP completou o cadro de galardóns da noite. Nesta ocasión foi o ala - pívot croata Mateo Kedzo, con 16 de valoración, o xogador escollido como o máis destacado da final. O seu premio, cortesía de "la Caixa" chegaba a través de Pablo Casas, representante da entidade financeira nesta ocasión

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka