Deporte Galego

Gustavo Aranzana comparte a súa experiencia cos adestradores galegos

  • 17 Setembro 2012 |

Notable asistencia e seguimento para o Clínic Formativo promovido pola FGB este sábado pasado en Ourense. A pesares do calor da tarde, un total de 60 adestradores galegos achegáronse ao Anexo ao Pazo dos Deportes Paco Paz para poder compartir con Gustavo Aranzana unha intensa hora e media de baloncesto á que deu saída, en primeira instancia, a modo de presentación, o director da Área Deportiva da FGB, Carlos Colinas.

Coa "Continuidade Dinámica no xogo de Ataque: Chegar desde a Defensa" como liña argumental da actividade, Aranzana traballou en pista con dez xogadores júnior do Club Ourense Baloncesto, que colaboraron á perfección para poder trasladar aos alí presentes as ideas e propostas do adestrador.

O técnico vallisoletano, que se amosou satisfeito de poder participar cos adestradores galegos do seu proceso formativo, tivo a oportunidade tamén de presenciar a final da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina, con vitoria final para Obradoiro CAB. A súa foi unha presenza de luxo nas gradas do Pavillón Paco Paz, lugar onde tamén puido reencontrarse e conversar con amigos e compañeiros de profesión.

0525563001347896444-clinic-con-gustavo-aranzana

Os xogadores do COB, uns colaboradores de dez para Aranzana

Dende aquí, agradecer a Gustavo Aranzana a súa colaboración coa Área de Adestradores da FGB, agardando poder contar coa sorte de disfrutar da súa experiencia en vindeiras actividades e programas a realizar.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka