Deporte Galego

Últimas datas para a inscrición no NBA 3x3 - BBVA en Santiago de Compostela

  • 18 Setembro 2012 |

- Este xoves, 20 de setembro, remata o prazo para tramitar a participación no programa NBA 3x3 - BBVA que visitará Santiago de Compostela esta fin de semana (22 e 23 de setembro).

- O NBA 3x3 - BBVA encherá o Parque da Alameda da capital galega de baloncesto, fusionando a modalidade 3x3 con actividades lúdicas, interactivas e gratas sorpresas ao máis puro estilo NBA.

- BBVA, Adidas, Foot Locker, Kia Motors, Hp, Leite Pascual e Sprite encargaranse de que todo saia á perfección.

A Coruña e Santiago de Compostela vivirán nestas dúas derradeiras fins de semana de setembro a maxia da NBA. Ambas as dúas localidades galegas acollerán o programa NBA 3x3, unha xira a nivel nacional que conxuga o baloncesto 3x3 con concursos e espectáculos baixo o inconfundible selo NBA.

A actividade, promovida e organizada por BBVA, ten en Galicia dobre parada, escollendo o Parque da Alameda, en Compostela, e o Centro Comercial Marineda City en A Coruña como sedes para o groso de todos os eventos.

Categorías e Inscrición
A partir dos 11 anos todos os mozos que o desexen teñen aínda a oportunidade de inscribirse no NBA 3x3 - BBVA, onde competirán divididos por categorías.

No caso Santiagués, máis cercano no tempo, a data límite de inscrición permanece establecida para a mañá deste xoves, 20 de setembro. Ata este intre poderán anotarse, completamente de balde, equipos de 3X 3 en categoría U12, U14, U16 e Open (máis de 17 anos). Nas tres primeiras con competición feminina e masculina e, na denominada Open, nunha única categoría mixta.

De cara a completar os trámites precisos para a inscrición, deben visitarse as seguintes ligazóns.

Santiago de Compostela - 22 e 23 de setembro
http://nba.playoffinformatica.com/Event.php?idEvent=37&idCategoria=40

A Coruña - 29 e 30 de setembro
http://soy.bluebbva.com/me-divierto/nba/inscripcion/

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka