Deporte Galego

Entrega do premio ao creador da Postal de Nadal da FGB

  • 28 Decembro 2012 |

Álvaro Campos García Celay, xogador mini do C.B. Defensores do Morrazo e vencedor do III Certame de deseño "O Nadal e o Baloncesto", recibiu na tarde deste xoves o seu galardón, e fíxoo de mans do Vicepresidente Primeiro da FGB, Alberte Zato; e do Director Executivo da Delegación en Vigo, José Luis Pérez.

Álvaro, que acadou o primeiro premio do certame de Nadal da FGB grazas á súa creación "Tamén no Nadal estamos contigo", desprazouse ata a sede da Delegación en Vigo da FGB para, en primeira persoa, obter o seu merecido agasallo, a maiores de ser o autor da postal oficial de Nadal da Federación Galega de Baloncesto.

Neste acto de entrega e recoñecemento ao seu bo facer, Álvaro recibiu un bono valorado en 100 euros para material deportivo e un televisor SAMSUNG 19" CLASS. 450 Series. LCD HDTV, cortesía de "la Caixa".

0602949001356688875-jose-luis-perez-alvaro-garcia-e-alberte-zato

0892637001356688836-

O xogador, ilusionado e agradecido co seu galardón, recolleu tamén as felicitacións do Vicepresidente Primeiro e do Responsable da Zonal Viguesa. Tanto Alberte Zato como José Luis Pérez valoraron o seu traballo e creatividade e animárono a seguir disfrutando do Baloncesto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka