Deporte Galego

Nova revista oficial da Federación Galega de Baloncesto

  • 11 Xaneiro 2013 |

A Federación Galega de Baloncesto presenta o primeiro exemplar da súa nova fonte de comunicación, a súa revista oficial "BASQUET". A mesma nace coa intención de converterse, de xeito trimestral, nun novo mecanismo para dar a coñecer e espallar as nosas actividades máis relevantes.

Este proxecto, que irá crecendo e madurando conforme avancen os seus números, terá tamén o obxectivo de dar cabida a aqueles eventos, iniciativas e novas que sexan de interese para todos os clubs, federados e afeccionados galegos.

Cun primeiro sumario no que teñen cabida nomes como Carlos Colinas, José Luis Sáez ou o das nosas seleccións galegas cadetes, chega o indicado exemplar da estrea, o cal se pode descargar aquí.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka