Deporte Galego

Veteranía e Influencia

  • 30 Setembro 2021 |

A chegada de Miguel Méndez ao banco da Selección Feminina Absoluta é a meta a un camiño que percorreu da man de moitas persoas que tal e como el indica o impulsaron e acompañaron. Nós quixemos entrar en contacto con algunhas delas e, a modo de recoñecemento ao propio novo seleccionador, pedirlle que nos valorasen dende o seu punto de vista, deportivo pero tamén persoal, a chegada do Miguel que tan ben coñecen ao equipo nacional e que fixesen memoria dalgunhas desas lembranzas que os vinculan a el para sempre:

 

Vicente Rodríguez "Cholas"

“Un merecido premio á súa traxectoria”. Ninguén como Cholas para recoñecer o que supón un premio como é o de capitanear un equipo nacional. Miguel “soubo elixir ben os seus pasos e iso levouno a ter opcións como a de dirixir ao Ekaterimburgo ou obter grandes resultados nas Seleccións de base FEB”. Todo isto “unido á súa traxectoria no Celta fanno merecedor, sen dúbida, desta oportunidade neste momento”. O veterán técnico ten claro o que Miguel traerá á selección: “primeiro coñecemento táctico, segundo experiencia en alta competición e, en terceiro lugar vai achegar calma, xa que é un adestrador pausado que non se excita por calquera movemento convulso que exista. Vai outorgar esa pausa á selección española”

“O Baloncesto galego ten achegado grandes Seleccionadores”. Cholas tamén recorda que a presenza dun adestrador galego nas seleccións españolas ao máximo nivel suma coa chegada de Méndez outra nova gran representación que ademais da súa propia experiencia como tal, exerceron tamén técnicos como Moncho López, ao cargo do equipo masculino na temporada 2002 - 2003 ou o lucense Juan Corral nos xogos do Mediterráneo en 2001.

Como vivencia persoal indubidable e de gran valor, Cholas sinala tadas as “charlas conxuntas que desfrutamos durante tantos veráns falando de baloncesto”. De seguro, estas son unha gran fonte de coñecemento do noso deporte.

Francisco Martín

O actual presidente FGB, Francisco Martín, ten claro que “máis tarde ou máis temprano, despois da traxectoria de Miguel tiña que chegar o momento no que ocupase o máximo cargo do baloncesto a nivel Feminino. A súa traxectoria desde o seu paso polo Celta ata o seu actual liderado no Ekaterimburgo vén a amosar que as cousas non son froito da casualidade senón do traballo e do esforzo diario. E iso é o que levou a que a FEB decidise elixilo para tomar o relevo de Mondelo, igualmente outro gran adestrador. Estou seguro de que Miguel fará o mellor para que  España poida estar presente na olimpíada de París e el ao fronte”

E sabe ben Paco Martín o que di de Miguel, ao que adestrou de moi novo. “Coñezo a Miguel desde que era cadete, creo lembrar, nun equipo que eu adestraba e no que tamén competía un gran xogador de Baloncesto como foi Marcos Carbonell, que posteriormente estivo no Real Madrid. Naquel equipo Miguel era un base que formaba parte dun grupo tamén moi bo. Despois, unha vez que Miguel deixou de xogar e empezou a adestrar, xa fora cun equipo de base ou de categoría nacional ou internacional demostrounos que era un técnico honesto e humilde que actuaba cos mesmos valores independentemente da categoría, o cal lle honra como adestrador e como persoa."

Carlos Ferro

Nos inicios que Méndez lembra con tanto agarimo ten un oco especial Carlos Ferro. O adestrador vigués fala con especial cariño do que foi ou seu pupilo e polo que sempre apostou persoalmente: “Fun ou seu primeiro adestrador cando comezou a xogar ao baloncesto, e posteriormente vivín a súa etapa de xogador en ADEMAR, e tamén a etapa na que empezou a ser adestrador". Moitos máis momentos desa traxectoria de Miguel seguen presentes nas verbas de Ferro, que aínda lembra o intre no que o “chamou Paco Araujo e falamos da posibilidade de incorporalo no Celta".

Carlos recoñece no nomeamento de Miguel un paso “importante para o baloncesto galego e en especial un recoñecemento á labor de Miguel que atesoura unha traxectoria bastante importante dentro do baloncesto feminino. Persoalmente alégrome moitísimo por el pola amizade que nos une”. Esa amizade supón tamén moito respecto ao seu perfil: “Miguel é un adestrador moi equilibrado. Destaca en todas as facetas sen ser o mellor só nunha. Para min iso é a gran diferenza entre Miguel e o resto de adestradores. Quizais outros adestradores teñen, nun momento puntual, un nivel técnico ou táctico maior pero Miguel equilibra co seu carácter, coa súa forma de ser, co seu coñecemento. El destaca en todas as facetas. E esta é a gran vantaxe e a gran diferenza de Miguel con respecto a outros adestradores".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence