Deporte Galego

Outras Perspectivas

  • 30 Setembro 2021 |

A chegada de Miguel Méndez ao banco da Selección Feminina Absoluta é a meta a un camiño que percorreu da man de moitas persoas que tal e como el indica o impulsaron e acompañaron. Nós quixemos entrar en contacto con algunhas delas e, a modo de recoñecemento ao propio novo seleccionador, pedirlle que nos valorasen dende o seu punto de vista, deportivo pero tamén persoal, a chegada do Miguel que tan ben coñecen ao equipo nacional e que fixesen memoria dalgunhas desas lembranzas que os vinculan a el para sempre:

Telmo Silva.
Man a man con Miguel como preparador físico no CIES, no Celta e tamén coa Selección Española Sub 18 no ano 2005, a perspectiva de Telmo sobre o novo cargo de Miguel supón “unha satisfacción enorme como amigo persoal”. Telmo consciente da responsabilidade que lle toca asumir a Miguel considera estacomo "un xusto recoñecemento a unha traxectoria que se pode cualificar como espectacular e que foi labrada desde o Baloncesto máis humilde en Vigo desde xa hai bastantes anos e que na actualidade xa alcanzou niveis de rendemento, como todos sabemos, excelentes en equipos europeos de alto nivel e en seleccións nas categorías subélite dá Federación Española."

Coñecedor en primeira persoa de que “traballar con Miguel é moi fácil” atesoura gratificantes recordos dos diferentes grupos que compartiron e nos que a unión sempre foi extraordinaria e con Miguel como "catalizador de todo iso, manifestando como resultado un equipo que o daba todo no campo, confiaba cegamente no seu adestrador e rendía ao máximo das súas posibilidades".  Miguel "confía totalmente no traballo dos membros do seu equipo técnico e as súas xogadoras. É esixente e respectuoso con todos. E o equipo e as xogadoras confían totalmente no seu criterio e capacidade. Preguntado por esa lembranza especial, Telmo non dubida en sinalar “o europeo sub 18 de Budapest no ano 2005 no que Coa selección española sacamos un prata". Un metal “que realmente soubo moi ben porque había moito nivel entre os equipos que participaban. A dificultade de obter esos premios fai que saiban mellor”
Quique Domínguez
Cambiando de Balón e de disciplina deportiva tamén atopamos onde Miguel deixou a súa pegada. Exemplo perfecto é o de Quique Domínez, actual adestrador no Helvetia Anaitasuna na Liga ASOBAL e quen no pasado, preto de seis tempadas, compartiu traxectoria paralela en Vigo con Miguel, no seu caso liderando o Octavio Pilotes Posada e compartindo o Pavillón dás Travesas co Celta de Méndez.
A pesar da actual distancia física e temporal, Quique manifestase “tan contento coma se me nomeasen a min seleccionador absoluto. Paréceme que é unha decisión acertada, loxicamente víase vir ou polo menos eu si que a vía vir sen estar moi metido no mundo do baloncesto feminino. Parecía que era a persoa idónea e estou moi seguro e moi convencido de que o equipo nacional está en moi boas mans e teño moitas ganas de ver como Miguel vai poñendo o seu selo e o seu sinal e como o seu traballo vai ir reflectido na maneira de competir".
No seu caso, as anécdotas e vivencias en común relátanse principalmente en clave de admiración: “eu era un adestrador novo aínda moi inexperto en moitas cousas e fixábame moito en como manexaba o seu grupo, en como dirixía el a sesións de adestramento. Era moi serio, as xogadoras tíñanlle un respecto moi grande e ese respecto o gañaba, sobre todo, pola meticulosidade coa que preparaba os adestramentos, coa que despois os executaba, coa que despois corrixía cada un dos exercicios de adestramento. Era moi serio, levaba todo loxicamente moi preparado pero despois o seu nivel de detalle era moi grande. Estaba permanentemente corrixindo, achegando matices que ás xogadoras despois resultábanlles útiles e valiosos para levar ao xogo". “Eu vía despois tamén moitos dos partidos que xogaba o Celta. E recordo moi ben como competía aquel equipo e como compiten en xeral os equipos de Miguel Méndez. Como ese traballo da semana traducíase despois na pista nos partidos, como se vía reflectida toda esa seriedade, toda esa esixencia que el lle poñía, todas esas ferramentas que el lle daba ás xogadoras, como despois ía aparecendo no partido da fin de semana e ao longo da tempada".
Armando Álvarez
Como excepcional cronista e observador da carreira de Miguel Méndez, o xornalista Armando Álvarez é de obrigada presenza nesta cadea de valoracións sobre a figura do seleccionador. Para el “o seu nomeamento fai xustiza, respectando por suposto a época de Móndelo que foi a máis brillante no baloncesto feminino español. Dende hai décadas estaba claro que Migue, antes ou despois, adestraría á selección feminina e eu xa creo que tiña o nivel para facelo cando estaba no Celta e, xa despois do Celta, cando creceu de xeito exponencial a súa carreira”.

En Rivas, Schio, Ekaterimburgo considera Armando que configurou “proxectos potentes e moi diferentes e con todos eles sacou un rendemento extraordinario, que incluíndo ao Celta, suman 22 títulos e sempre cun xogo moi atractivo”. Creo que dende a FEB “pensaron nel inevitablemente polas moitas cualidades que ten, xa que técnica e tacticamente é moi bo, pero sobre todo porque destaca por ser o mellor adestrador a nivel FIBA en control de vestiario e xestión de egos, como está a amosar no Ekaterinburgo”

No plano máis cercano o recoñecemento non decrece. “A miña relación persoal vén da cando eu estudiaba en Maristas, en Compañía de María, e o vía adestrar aos máis pequenos e, xa co tempo, veño seguindo todo o seu camiño profesional”. Destacar como sinal da súa figura que “o Miguel que hai agora no Ekaterimburgo dirixindo ao equipo máis luxoso do mundo FIBA é o mesmo Miguel que dirixía ao BALONPARK en liga EBA”.
volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence