Deporte Galego

Ligazóns de por vida

  • 30 Setembro 2021 |
Ligazóns de por vida
Foto: FEB

A chegada de Miguel Méndez ao banco da Selección Feminina Absoluta é a meta a un camiño que percorreu da man de moitas persoas que tal e como el indica o impulsaron e acompañaron. Nós quixemos entrar en contacto con algunhas delas e, a modo de recoñecemento ao propio novo seleccionador, pedirlle que nos valorasen dende o seu punto de vista, deportivo pero tamén persoal, a chegada do Miguel que tan ben coñecen ao equipo nacional e que fixesen memoria dalgunhas desas lembranzas que os vinculan a el para sempre.

 Susana García

Susana García, tamén institución celeste e do noso baloncesto; amiga e compañeira de motos capítulos deportivos de Miguel recoñece que o seu nomeamento “non pode ser máis acertado dado o difícil momento que estaba a atravesar a Selección polos problemas que todos coñecemos. Creo que Miguel é a persoa que pode sacar isto adiante porque xa como técnico demostrou, e coñéceo todo o mudo, que é o mellor: 3 Euroligas, infinidade de títulos.. É un adestrador táctica e tecnicamente excepcional e sobre todo, e isto se cadra non se coñece tanto, é que como condutor de grupo é mellor aínda. Eu non coñezo a ningún adestrador coa capacidade de levar un grupo como a que ten Miguel. É a persoa ideal, meréceo todo porque leva traballando moi duro moitos anos para chegar onde está". 

No plano das lembranzas a estreita vinculación entre ambos, tanto deportiva como xa familiar fan difícil a escolla: “Son moitísimos recordos e experiencias deportivas especiais xunto a Miguel porque traballamos xuntos moitísimos anos, tivemos e temos unha relación super especial dentro e fóra das canchas. Recordo especial deportivo, calquera dos títulos deportivos que conseguimos, pero sobre todo quédome co gañar unha amigo e un compañeiro para toda a vida".

Gema García

Xogadora incombustible e actualmente despregando ou seu talento no CAB Estepona Challenge, Gema García vive ou novo cargo de Miguel con gran ilusión, non en balde, foi Méndez quen lle fixo debutar "practicamente en todo". "Fíxome dar o salto á máxima categoría, debutei na Copa da Raíña, Euroliga ...grazas a el. Sei que se non se cruzase no meu camiño, non sería a mesma xogadora. Tiven a sorte de que me adestrase 6 anos. Con el aprendín a ser base. O seu nomemamento, prosegue “creo que foi todo un acerto, meréceo por todo o que foi conseguindo todos estes últimos anos e o nivel que demostrou sempre todos os equipos. Vai aportar moitísimas cousas, non só é un grandísimo adestrador se non que, por riba de todo, é unha gran persoa. Sabe sacar o máximo das xogadoras e non teño ningunha dúbida de que veremos un baloncesto moi bo". 

Gema que atesoura mil momentos de crecemento e aprendizaxe co novo seleccionador detallounos un intre moi especial que denota o perfil do adestrador ao que tanto admira: "Teño un recordo persoal gracioso - non sei se acordará-. Estabamos no Celta e íamos xogar contra Rivas un partido de Liga, creo que no meu primeiro ano. Previamente a este, fomos ao centro comercial todas as do equipo e, ao volver, regaloume a segunda parte dun libro: "Un mundo sen fin". Non mo esperaba para nada, foi un detallazo. Posteriormente, pola tarde non xoguei nin un minuto, pero eu contenta co meu libro". 

Cristina Cantero

Cristina e tamén outra gran testemuña da importancia do papel de Miguel no crecemento das xogadoras que o rodearon. A actual adestradora de Celta Zorka Recalvi na Liga Challenge e seleccionadora Sub 16 feminina, recibiu a nova cun “ sorriso na cara” e incide en que os seus anos como xogadora en Vigo da man de Miguel foron clave: “marcáronme moito a nivel persoal e como deportista, ao nivel de dedicarme a este mundo profesionalmente como acabei facendo. Eu penso que el é parte desa formación miña de personalidade e do que son hoxe en día. Cando traballas bastante tempo cun adestrador acaba influíndo moito en ti e ademais é unha influencia moi positiva. Iso valóroo moito. Ademais, recalca “el foi o que me iniciou en Maristas a adestrar así que teño con el moitas ligazóns e moitas vivencias”.

Cantero coincide no idóneo do nomeamento “moi merecido por toda a súa traxectoria e non só pola súa traxectoria senón polo que está a facer a día de hoxe. É un dos mellores adestradores do mundo, inclúo Woman. E creo que todos os que estamos no club e traballamos con el estamos moi contentos. Miguel buscará darlle estabilidade á Selección, que sexan capaces de competir cada partido e desde o traballo, desde a serenidade, desde a normalidade, buscar os puntos fortes que ten o grupo e buscar ese punto de transición no que está a selección agora mesmo de xogadoras novas e saída dalgunhas veteranas. El ten capacidades de sobra a nivel de dirección de grupo e a nivel deportivo. e demóstraas cada vez". 

Moncho Fernández

Referente ao máis alto nivel para os adestradores e adestradoras galegos, o técnico de Obradoiro CAB, comparte con Méndez non só a capacidade e o espírito de traballo para afrontar a esixencia da alta competición, senón tamén a paixón polo noso deporte e por crecer formando parte del: “Non sei canto tempo fai que coñezo a Miguel e á familia Méndez, familia de adestradores aos que lle temos un agarimo especial. O meu primeiro recordo de Miguel arrinca do século XX, xa fai moito. Para nós a escola de adestradores de Vigo sempre foi un referente e Miguel era un dos seus grandes representantes. Ao longo de todos estes anos coincidimos en multitude de actos, de clínics, de charlas, de cervexas... e é difícil escoller un só recordo. Para min Miguel é un deses compañeiros que empezou hai moito tempo dedicándose ao que era a súa paixón como nos ocorreu a outros e que o paso do tempo levouno ao máis alto, xa que, como dicía antes, é un namorado deste deporte, é un traballador, é unha persoa moi intelixente e sobre todo un gran compañeiro. Alegreime moito polo respecto que lle teño no profesional e sobre todo polo afecto que lle teño no persoal. É unha persoa excepcional e por suposto un gran adestrador como demostran todos os títulos que conseguiu e a súa traxectoria"

Co mesmo respecto por Méndez, Moncho non dúbida en valorar a súa achega á nova selección: “no deportivo o que vai achegar é como é Miguel como persoa: competitivo, traballador, con moito sentido común, comedido. Como dicía antes, esa traxectoria tan exitosa que leva desde hai tanto tempo adestrando en todas as categorías do baloncesto español, non só en feminino, senón en masculino, fanlle reunir o perfil adecuado para dirixir a un super equipo como é a Selección Española Feminina. Estou convencido de que os éxitos que lle acompañaron en toda a súa carreira vano volver a acompañar".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence