Deporte Galego

ALCER Coruña recibe a recadación da venda de entradas da final da XXXV Copa Galicia ACB

  • 10 Setembro 2021 |

A recadación do derby copeiro entregouse para seguir coa labor de sensibilizar sobre a doazón de órganos.

Na tarde do xoves foi entregado por parte do presidente do Club Irmandiños, Javier Uria, un cheque solidario a Rafael Rodríguez, presidente de Alcer Coruña por importe de 8.002,28 euros por motivo da recadación solidaria da XXXV Copa Galicia Sénior Masculina disputada entre Monbus Obradoiro e o Río Breogán o pasado sábado 28 de agosto en Ferrol.

A Federación Galega de Baloncesto, o Club Baloncesto Irmandiños e o Concello de Ferrol apostaron en todo momento por este fin social, e decidiron que a recadación obtida pola venda de entradas sería doada a Asociación Para Loita Contra as Enfermidades do Ril – ALCER CORUÑA co fin de poder manter as súas actividades de acompañamento á persoas que están transplantadas, especialmente vulnerables durante a pandemia da covid-19, e aquelas que están á espera dun órgano. Así como para manter as actividades de sensibilización sobre a necesidade da doazón de órganos.

Durante a celebración do partido, fixéronse 7 doantes, que poderán salvar ata 49 vidas en caso de ser preciso. As persoas que esperan un órgano aparte dos avances médicos e a pericia dos profesionais precisan da solidariedade da sociedade. Para poder salvar vidas, e manter proxectos de vida, son necesarias accións deste tipo polo que Alcer Coruña agradece aos Clubs pola súa implicación, aos voluntarios que de forma desinteresada participaron ese día e a cada persoa que mercou a súa entrada a sua colaboración neste fin.

Grazas a todos¡

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka