Deporte Galego

Cursos de Iniciación á Arbitraxe 2021 - 2022: Novas convocatorias e Guía Didáctica

  • 30 Xullo 2021 |

O Comité Galego de Árbitros activa a súa programación de Cursos en INICIACIÓN para a nova temporada 2021 - 2022. Renovando o formato e compaxinando formación online teórica e formación presencial de carácter práctico, os novos cursos ofrecerán dun xeito máis dinámico a posibilidade de entrar en contacto coas bases do traballo de árbitros e oficiais de mesa, así como coas Regras do Baloncesto, a mecánica, sinalización e funcións específicas. 

Cun total de 7 convocatorias xa establecidas para o primeiro trimestre da nova temporada, o CGAB abre así unha nova etapa na que retomar a actividade formativa ao 100% tras o parón obrigado por motivos sanitarios. 

Setembro: primeiras convocatorias

As primeiras dúas convocatorias están xa programadas para o mes de setembro, contando xa así con dúas oportunidades para realizar o curso repartidas nas seguintes datas.

Convocatoria Curso 1: do 15 de setembro ao 17 de setembro.

Convocatoria Curso 2: do 29 de setembro ao 31 de setembro.

Os interesados en tomar parte nalgunha das dúas poderán tramitar a súa inscrición a partir do 8 de agosto e ata o 13 de setembro, para o primeiro curso; e ata o 27 de setembro para o segundo. 

Información completa

Toda a información precisa para coñecer os detalles desta nova etapa dos cursos (datas, requisitos, estrutura lectiva e proxección) así como do proceso para formalizar a inscrición nos mesmos, poden consultarse na nova GUÍA DIDÁCTICA que achegamos.

Así mesmo, para o envío de dúbidas e cuestións permanece activo o email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka