Deporte Galego

COMUNICADO - FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

  • 29 Xuño 2021 |

A Xunta Directiva desta Federación quere mostrar o seu apoio incondicional ante situacións de especial vulnerabilidade que afecten ou poidan afectar a calquera membro do noso colectivo; un grupo composto por máis de 12.000 persoas, entre as que promovemos, dende a fundación desta Federación, un deporte san, seguro e xusto.

Todos os órganos de dirección, xestión e de control da  FGB prestan atención especial á protección de calquera dos seus membros, especialmente dos menores de idade, configurándose como unha tarefa primordial, animando e ofrecendo apoio psicoxurídico, a calquera membro que así o demande, e en calquera momento que se fixese preciso. Neste aspecto, a nosa tolerancia coa posible comisión de actos contrarios a ese espírito é CERO. 
En datas recentes, e como consecuencia de feitos denunciados expresamente ante os Xulgados, alleos ás actividades federativas, chegou a coñecemento desta institución que un dos seus membros, empregado da mesma, viuse inmerso –condenado e sentenciado- nunha desas situacións especialmente reprobables, rexeitables e deplorables que afectaban directamente á integridade psíquica e vulnerabilidade de determinadas persoas, e máis concretamente de menores de idade.
Queremos resaltar que, ante o primeiro coñecemento dunha situación desta índole por parte dunha persoa que forma parte do organigrama federativo, iniciáronse inmediatamente dilixencias de investigación, que culminaron co seu despido inmediato e a separación do colectivo, en todos os seus ámbitos, do individuo en cuestión; tendo coñecemento que con posterioridade se celebrou, ante os Tribunais ordinarios, unha vista á que se chegou a un acordo coa Fiscalía por situacións que esta Federación considera absolutamente intolerables nun dos seus membros.
Ante a aparición de testemuños en redes sociais que levan a pensar que os seus actos reprobables poidan terse producido en ámbitos de actividades federativas, esta Federación prosegue as súas investigacións convidando e animando a que calquera persoa que, en calquera momento, poida sentir ou ter sentido que algún membro do colectivo, vulnere ou vulnerase ou dalgunha maneira perturbe ou perturbase a súa situación íntima e persoal ou a de calquera dos seus membros, o comunique e faga saber oficialmente a esta Federación, ou ben utilice os camiños xudiciais correspondentes, estando a FGB a total disposición dos mesmos para o que fose preciso.
Manifestamos o noso pesar, consternación e rexeitamento ante feitos tan lamentables, sendo o respecto cara ás persoas, xunto con outros valores, un dos fundamentais requisitos para formar parte da familia do baloncesto, e reiteramos a nosa total disposición con outros/ as posibles prexudicados/ as.  
volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka