Deporte Galego

O mellor Baloncesto Nacional Infantil Feminino regresa a Marín

  • 07 Maio 2021 |

Marín será o emprazamento para o Campionato de España de Clubs de Baloncesto Infantil Feminino. O vindeiro mes de xuño, os 32 mellores equipos desta categoría chegarán dende todo o país ata esta localidade, convertida xa, tras ser sede nos tres últimos anos de xeito consecutivo e tamén noutras ocasións no pasado; no escenario perfecto para acoller eventos de baloncesto base de ámbito nacional.

Federación Española e Federación Galega de Baloncesto depositan de novo a súa confianza no Concello de Marín e no club local, Marín Peixe Galego; como organizadores dun Campionato de España, que neste caso regresa con toda a forza tras a súa suspensión no pasado 2020 por mor da COVID19.  A vixente edición terá lugar entre o 12 e 18 de xuño e converterase de novo nunha aposta decidida polo deporte de formación e polo valor engadido que supón un evento de estas características,

A celebración en Marín deste Campionato supón ademais a sétima ocasión consecutiva na que o nacional de baloncesto infantil feminino recala en Galicia, e en concreto na provincia de Pontevedra, para dilucidar ao seu campión.

Campionato de España Infantil Feminino - Sedes

2013 – 2014: Pontevedra

2014 – 2015: Pontevedra

2015 – 2016: Pontevedra

2016 – 2017: Marín

2017 – 2018: Pontevedra

2018 – 2019: Marín

2019 - 2020: Suspendido

2020 - 2021: Marín

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence