Deporte Galego

Canceladas as Finais da Copa Galicia de Baloncesto 2020 - 2021

  • 16 Abril 2021 |

A Copa Galicia de Baloncesto 2020 - 2021 non celebrará as súas finais. A competición copeira que cada ano organiza a Federación Galega de Baloncesto tiña pendente a disputa dos seus encontros decisivos, tanto o feminino como o masculino; citas que tradicionalmente se celebran ao inicio de cada temporada regular pero que na presente tiveron que retrasarse en varias ocasións por mor da situación sanitaria.

No calendario de xogo da actual Copa Galicia quedaban pendentes de xogo as finais protagonizadas por Monbus Obradoiro e Basquet Coruña en categoría masculina, e por Durán Maquinaria Ensino Lugo e BAXI Ferrol en feminina. En ambos os casos, a Federación Galega de Baloncesto, unha vez comunicada a situación aos equipos e ante a imposibilidade de xestionar, tanto anteriormente como de cara aos meses futuros; novas datas para a súa disputa, decide cancelar a súa celebración resultando baleiro o palmarés nesta edición.

Agradecendo o compromiso e a colaboración coa Copa Galicia dos catro finalistas, a FGB lamenta esta situación pero traballa xa na estrutura da competición para poñela en marcha deportivamente dende cero na súa edición 2021 - 2022, e xa nas súas datas orixinais da pretemporada.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence